mércores, 22 de abril de 2020

PROPOSTA PARA O XOVES 23 DE ABRIL

DIARIO DE NAVEGACIÓN                    DÍA 37


Terra á vistaaa! De onde veñen eses berros! Grumete, que sucede! Que me traian os anteollos! Caramba,...! Estamos nunhas illas! Que é esa montaña cun burato, que temos diante! Teredes que me axudar, capitáns! 


ONDE ESTAMOS?
Se algún capitán pode investigar no Google earth ou no Google maps, ou ten un bo mapa, ou atlas no camarote, estupendo! Os demáis teremos que nos conformar con esta páxina deste vello mapa de antaño.
Observade e decídeme onde estamos? Repasade co dedo na foto o camiño que levamos navegado. Localizade a sombra que vimos no mar e buscade o volcán. 



EXPERIMENTO VOLCÁN
Que non sabedes o que é un volcán? Imos facer un experimento.
Poñede gafas de científico ou a cara de sabichóns,  poñédevos nun recuncho no que non manchedes moito e...lede as instruccións deste experimento
AQUI



O TIBURÓN ANGELOTE

Esta especie de tiburón vive nas augas das illas canarias. Vós tamén podedes ter un que ademáis so come peixiños de quen quen.
Unha imaxe bastará como instruccións. Ides ser que de facelo vos soíños? So faltará que lle poñades os seus puntiños.






CONTO....E VAN CATRO
EL PEZ QE GRITABA TIBURÓN





XOGO MOTRIZ: ARRIBA PELUXE
Este xogo pode xogarse un solo ou con varios membros da familia. Se estades sos collede unha toalla ou manta pequena e un peluxe ou pelota  e intentande impulsalo cara arriba e volvelo recoller. Se xogades entre varios poderedes agarra-la toalla ou manta entre os soue e mover o peluxe dunha banda cara outra. Se cae perdedes.



Ningún comentario:

Publicar un comentario