mércores, 29 de abril de 2020

PROPOSTA PARA O MÉRCORES 29 DE ABRIL

DIARIO DE NAVEGACIÓN         DÍA 43

Mariñeiro, que  é iso que flota á popa!. Sacádeo da auga e traédemo. Unha rede! Non pode ser! Que perigo para estas tartarugas tan fermosas!. Pero que trae no medio? ...Unha moeda! Ollade, ollade!  É un paxariño...o martiño peixeiro!




REDES
Imos facer outra folliña do noso libro sobre o mar. Hoxe toca....
Collemos un folio ou un cartón fino. Lembrade se na folla que fixemos do golfiño colocástedelo horizontal ou verticaL. (ten que ir no mesmo sentido). 
Decorade o fondo cunha cor clara. Procurade lás, cordeis fíos,...e ide pegándoos facendo unha cuadrícula...primeiro todos en horizontal e despois en vertical. No medio da rede poñedes unha moeda co paxariño. Debuxade un círculo e a cabeza co peteiro longo será suficiente. 


Esta é a folla para a pobre tartaruga que vai quedar atrapada, se non temos coidado.
Agora collemos unha tira de cartón ou cadradiños pequenos e poñemos a palabra TARTARUGA. Como xa tedes experiencia en tartarugas, atrevédesvos a debuxala vós soíños?. Facede un ovo grande, poñédelle cabeza, 2 aletas, 2 patas e cola. Decorade o caparazón con puntiños de pintura (cos dedos) ou cachiños de papel e colocádea na folla. 



MATECONTA

Na fin de semana temos preparada unha actividade de arte que vai precisar de moitos tapóns e tapas. Hoxe imos ir á procura deles e xa que estamos imos xogar a contar. 
Metede nunca caixa tódolos tapóns que teñades.
Agora ide sacando e clasificando...xuntade os da mesma cor, os do mesmo tamaño, os que leven a data impresa, os que teñan a marca do produto, facede tódalas combinacións que vexades posibles.
Contande cantos tedes de cada. Os maiores podedes debuxar nunha folla e apuntar a cantidade. Os pequenos, que ainda non facedes números, podedes facer tantos puntiños como a cantidade que hai que poñer. Se son moitos que vos axuden.
Se non tedes tapóns, podedes facer o mesmo con outros materiais que se podan clasificar e contar.
E xa que estades, se a alguén lle apetece facer series, xa sabedes como funciona.
Estes días seguide xuntando, se non hai moitos non vos preocupedes; a nós sempre se nos ocorren alternativas.


CONTO: GRANDE-PEQUENO

Ningún comentario:

Publicar un comentario