Seguindo esa chalana na que viaxaban 22 gaivotas, metímonos nun barullo de illas. Xa contamos 6 a barlovento. Diante nosa temos 4 a sotavento. Baixade a velocidade, grumetes, que estamos a piques de chegar de novo a terra.
Quen dixo que esta viaxe ía
ser aburrida? Esta illa semella unha tartaruga!
Védes a cabeza? Nooon? Hai que lle botar un pouco de imaxinación!
CAPITÁNS, ALGUÉN PODE DICIRME ONDE ESTAMOS? Mirade a brúxula. Estamos baixando polo planeta. Imos cara o norte ou cara o sur?
TARTARUGAS
As tartarugas son un dos símbolos máis
recoñecidos de Cabo Verde, xa que andamos por estas terras... que vos parece
facermos unha para ter na nosa casa?
Aquí van algunhas ideas con envases de ovos,
cús de botellas, pratos de cartón, pedras, papel, cunchas, cáscara de noz,
plastilina ou outras masas... Como queirades!
FACENDO DEPORTE: gymkana de desprazamento e coordinación
Antes de baixar a terra hai que facer un pouco de quentamento.
-Collede unhas botellas de auga ou outra cousa que podades poñer para sortear, colocádeas un pouco separadas unhas das outras e empezade a camiñar en zigzag, ide máis deprisiña, correde, pasade á pata coxa, de xeonllos, de puntiñas, de talóns, e...xa!
-Se tedes por aí os globos do hockey podedes xogar agora a aguantar un globo na cabeza sen que vos caia.
-Con dúas raquetas ou pas da praia e unha pelota brandiña ou unha bola de papel podedes xogar ao tenis.
CANCIÓN: TODOS SOMOS CAPITÁNS
Coma o fixestes tan ben e estades gobernando o barco con moito tino adicámosvos unha canción.
Ata aquí a proposta de hoxe.
Ademáis deixámosvos un par de xoguiños para que os fagades cando queirades. Imos colocalos tamén no lateral.
Para entrenarnos un pouco antes de comezar a xogar deixámosvos estas láminas que podedes ver directamente na pantalla.
Aquí tedes o xogo

Ningún comentario:
Publicar un comentario