xoves, 23 de abril de 2020

PROPOSTA PARA O VENRES 24 DE ABRIL

DIARIO DE NAVEGACIÓN      DÍA 38

Botamos a áncora nesta illa volcánica. É que estamos abraiados coa beleza dese volcán e que cousas tan raras fan para poder sementar.! Semella a Lua.! 



Algúns mergulladores foron ver o fondo do mar nestas Illas Canarias. Ollade que bonito é todo debaixo da auga.




FACENDO UN VOLCÁN OU...
Agora que xa sabemos como sae a lava podemos facer  unha paixase volcánica. Con papel maché imos facer a terra negra  e no medio un volcan do que sae a lava. 
Pero se vos apetece máis seguir facendo fondos mariños modelade unha paixase mariña como a que vimos de ver. Tamén podedes facer unha tartaruga, unha estrela de mar, anémonas, corais,...todo o que queirades.




XOGOS MOTRICES
Deixámosvos dúas alternativas de xogo.
HOCKEY DE GLOBOS
Se tedes globos podedes facer este xogo,  inflades uns poucos e intentades xogar a isto. Colledes algo que poida facer as veces de pau de hockey (un tubo de cartón, unha vasoira de xoguete) e  poñedes unha alfombra, tea ou un papel de xornal que sexa o campo de xogo. Se xogades dous, un intenta sacar do campo unha cor e outro impídello. Un só xogador pode intentar levar unha cor ata un punto determinado da casa. Tamén podemos intentar levalo e metelo nunha papeleira ou nunha caixa.

BARRER POMPONS
Se non temos globos podemos xogar a barrer pompóns. Facedes unha marca no chan que será a "casa" e levades ata ali coa vasoira os pompóns dunha determinada cor. Tamén podedes tirar o dado e levar tantos pompóns como a cantidade que saia.
Todo isto podese facer ademáis con bolas de papel grandes ou pequenas.







CONTO
Este e o derradeiro conto desta semana. Agardamos que esteades ben atentos porque temos algo especial preparado.

O PIRATA PATA DE LATA




XOGO EN INGLÉS  AQUÍ E NA PESTANA LATERAL

Ningún comentario:

Publicar un comentario