Seguimos navegando polo mar aberto. Estamos baixando polo Atlántico.
Mentres desfrutamos do ceo e do mar, imos continuar co noso traballosobre o libro do mar.
Temos gardados xa algúns animais mariños que imos aproveitar.
A PÁXINA DO GOLFIÑO
O outro día fixemos un golfiño precioso. Hoxe imos
colocalo na súa páxina.
Imos facer:
1/ O fondo do mar.-
Collede unha folla (que despois pegaremos nun
cartón) ou unha cartolina e ide deixando caer cun pincel pingas de pintura azul e verde
por toda a superficie.
2/ Unhas pompas na auga
Collede unha tapas de botella, molládeas en
pintura e marcade uns círculos con elas. Podédelas deixar así ou encher con plastilina, ou o que queirades, cando
estean secas.
3/ A palabra golfiño ou arroaz
Podedes escribila, ou que vola escriban, nunha
tira de cartolina ou noutro material e o pegades na páxina que estamos a facer.
Ou podedes facer círculos ou cadrados na parte superior da
folla e escribir e decorar alí as letras da palabra.
Ao final pegades film transparente de cociña para
cubrir. Fará o efecto da auga.
Por riba, irá o golfiño.
Gardade esta páxina na vosa maleta, libreta ou onde teñades tódalas cousas. Cando estean tódalas páxinas feitas, comporemos o libro.
TÚNELES E MÁIS TÚNELES
Imos xogar con túneles. O primeiro é construilos.
Se tedes unha ou varias caixas podedes montar un túnel tan longo como poidades.
Se non hai caixas haberá que coller varias cadeiras e colocalas formando o túnel. Podedes conectalas a entrada e saída dunha mesa e teredes un túnel máis divertido, aínda.
E agora, que? Entrade, saíde...facédeo tantas veces como queirades. Ide cara adiante, ide cara atrás. Intentade cruzalo o más apuradiño que poidades, ou sede lentos coma tartarugas. Camiñade de xeonllos, arrastrádevos de barriga e tamén de cú... Estamos seguros que non vos faltarán ideas para este xogo!.
CONTO
Seguimos coa celebración da semana do libro. Hoxe unha proposta sobre cangrexos. Atendede ben e non perdades detalle.
UNA CASA PARA CANDREJO ERMITAÑO
Ningún comentario:
Publicar un comentario