martes, 21 de abril de 2020

PROPOSTA PARA O MÉRCORES 22 DE ABRIL


DIARIO DE NAVEGACIÓN                  DIA 36

A navegación é tranquila. O sol agarímanos e este vento mareiro é moi agradable na cuberta. Collemos os anteollos, a ver se avistamos algo!.
LAMINAS EN BLANCO Y NEGRO (pág. 153) | Aprender manualidades es facilisimo.com
Algún fuxe-fuxe? Mmm,... Qué é iso, un banco de xoubas? 
Non, mirade ben, volven os golfinos!.. Non, non son eles! 
É algo... grande?, ...longo?,... branco? ...brillante?
 Que pode ser?            Uy, estame dando un pouco de medooo!.  Axudádeme...socoooorro, capiiiiiiiitáaaaaans!

O DADO MÁXICO. PEIXE OU MONSTRO?
Precisamos un folio, un algo para debuxar e...un sombreiro! Tamén nos sirve unha bolsa onde poñamos os números do 1 ao 6 ou un dado. Tedes por aí os peixes numerados? Pois tamén han servir.
 Debuxade  unha gran figura. Pode ser un círculo, un óvalo, un cadrado ou “un Nonseiquefixen”.
Agora sacade un número da bolsa. ...o 5?.  Tedes que lle poñer na vosa figura esa cantidade de ollos.
Sacade un a un catro números máis en catro veces sucesivas,  e de cada vez debuxade esa cantidade de bocas, narices, pernas e orellas. 
Por fin, é a quenda dos pelos. Se sacades o 1ou o 2 toca poñer pouco pelo; 3 ou 4? , Pelo normal; 5 ou 6, moito, moito, moitísimo pelo. 
Xa temos o monstro rematado!!.
                                                                                                                                                                            Arggg! Non me digades que ese monstruo é o que nos mira dende a auga.


COÑECENDO AO NOSO MONSTRUO
Teño que saber  moitas cousas dese monstro voso.  Os capitáns temos que estar sempre ollo avizor! 
 Quen é?, Onde vive?, Quen é a súa familia?. E sobre todo...por qué veu nadando ata aquí? Que quere de nós?  Vainos comer? Vai levar a piques o noso barco? Vai...?

Contádenos toda a historia nun audio ou nun vídeo. Ou polo menos facédenos un debuxo contándonolo todo, todo.
Se os artistas monstruosos sodes dous, xuntade os vosos monstros. Esa  historia vai ser completamente distinta.


UgLees ... 2008-2012 -          BuTT UgLee

A CUMBIA DO MONSTRO







CONTO
Imos polo 3º conto desta semana, Supoño que estaredes moi , moi atentos.

NADARÍN

Ningún comentario:

Publicar un comentario