mércores, 15 de abril de 2020

PROPOSTA PARA O XOVES 16 DE ABRIL

DIARIO DE NAVEGACIÓN         DÍA 30
Así que... estas illas son as Cies!! Xa decía eu que semellaban coñecidas!. 
Como algúns xa sabedes facer nós...
CAPITANA CARMEN,  AMARRA BEN O BARCO! Imos desembarcar. Pero que é iso?

     
Que bonito! Hai que investigar este lugar! A mergullarse, sabedes facelo? Veña todos pola borda, pero de pé, lembrade!




FACENDO...MÁIS ANIMAIS MARIÑOS
Xa temos un arroaz e agora toca seguir coa fauna do mar.
O polbo e o cabaliño de mar son dúas especies que viven na nosa Ría. 
Imos facer un deles, o que queirades. Bueno, se alguén quere facer os dous, adiante. Se non, escollede.

Para o polbo non precisades explicacións. Se non tedes papeis de madalenas, podedes facerlle a forma a un papel calquera. As tiras tedes que enrollalas primeiro, para que lles quede esa forma e pegalas por dentro da "madalena".

Para os cabaliños de mar podedes usar platos de cartón, se os tedes. Se non, con papel e decorando quedarán estupendos. Por se alguén o precisa, deixamos un debuxo. Pero xa sabedes que non fai falta imprimir, tamén podedes copialo.



 


DIVERTÍNDONOS: DEBUXOS MÁXICOS

Precisamos papel de cociña, tesoiras, rotuladores, auga e dous recipientes. Un para botar a auga e outro para ir apartando os restos mollados.

Collemos un cacho de papel de cociña e cortámolo a metade. Dobrámolo, quedándonos así dúas capas, coma se fose un libriño. Pintamos na primeira capa o que queiramos, e rematamos o noso debuxo na seguinte capa. Dobrámolo de novo, de maneira que so se vexa o debuxo da primeira capa, metémolo na auga e... tachán!!! Complétase o debuxo.
Podedes aproveitar a facer algún debuxo "mariño". Na primeira capa podedes debuxar as ondas do mar e na segunda outros detalliños (barco, paxaros, peixes). Para que probedes, xa vos demos moitas pistas. Agora como bos capitáns, botade a imaxinación a nadar!






COUSAS QUE NOS DUREN TODA A VIAXE: BANDEXA SENSORIAL

Durante  a viaxe imos ir facendo un mundo de cousas que nos sirvan para seguir entrenando as nosas habilidades intelectuais. Os capitáns temos que saber moitas cousas!. Podemos ir facéndoas pouco a pouco, o día que queiramos, e deixalas á man para xogar con elas varias veces. Onte fixemos as tarxetas con números e pinzas. Hoxe toca preparar unha bandexa para practicar os trazos.
Colledes unha bandexa ou unha fiambreira de puco fondo e enchédela (3/4) con area, se a tedes. Se tivesedes algún cereal ou pasta fina caducada  (sémola de arroz, maravilla, tapioca...), poderíades usalo, en vez de botalo ao lixo. Tamén podedes gardar durante varios días as borras do café e deixalas secar.
Alí poderiamos practicar, trazos, formas e números e os maiores letras ou palabras. Tamén serviría para facer divertidos debuxos. Se a gardamos con coidado podemos usala moitos días.

Se non tedes nada disto, dámosvos outra idea. Collemos algo con superficie lisa, como a bandexa do forno e practicamos os trazos con auga, xabrón, escuma de afeitar, gomina,...Cando rematedes non esquezades deixar todo limpiño.



Para rematar un conto.........DON CABALLITO DE MAR


Ningún comentario:

Publicar un comentario