mércores, 29 de abril de 2020

PROPOSTA PARA O XOVES 30 DE ABRIL

DIARIO DE NAVEGACIÓN    DÍA 44

Ai ven o maio...!
Chega o mes de maio e hai unha tradición que non podemos esquecer, aínda que esteamos en Cabo verde. Temos que poñer poliñas de xesta na proa do noso barco. Como é unha xesta? Ollade na foto.




E como non temos xestas naturais podemos ir facendo unha de papel. Así practicamos para a seguinte proposta.
O talo podemos facelo enrollando papel e pegándoo con pegamento, a non ser que teñamos palliñas ou pauciños na casa. Habería que pintalos primeiro de cor verde.
O segundo paso sería facer as pequenas flores amarelas da xesta. Cortamos círculiños pintados de amarelo, dobrámoos en catro e pegámoos no pauciño.
Outra maneira sería pintar uns talos nun papel e facer puntos amarelos ao longo del, que serían as flores.  
Unha última idea sería pintar de verde un papel e doblalo coma se fose un abano e pegarlle despois circuliños amarelos.

Procurade o barco que fixemos hai  tempo e poñédelle  a vosa xesta. Se non o tedes a man, teredes que debuxar un.



PROPOSTA DE LONGO PERCORRIDO

Esta proposta non é para facer hoxe, senon ao longo de varios días e se queredes participar.
Os maios son unha festa popular de moito raigame nalgunhas zonas e que na nosa cidade tamén se está a recuperar. Celebramos a chegada da primavera e o espertar das flores.
 
Que podemos facer:
-Un maio empregando elementos naturais que podedes recoller nos paseos (pauciños, herbas, flores, froitos secos das árbores,...)  ou  materiais de reciclaxe  (papeis, cartóns, envases)  A  estructura de apoio podería ser un cono de papel ou cartón,  unha construcción de corchos, ou botellas. Todolos elementos feitos ou atopados irían por riba. 






 



-colares e diademas  de pampillos ou de papel
Recollede pampillos no campo, os que poidades, e ensartádeos nun fío. Os demáis podedes preparar floriñas de papel a partir dun círculo, como dixemos antes, e ensartalas tamén no fío. Ou recortalas coma na foto en ensartalas.


 


OUTRA DE LÁS... FIORAMA

Para esta actividade precisamos cartón e fíos grosos, lás ou cordóns.
Primeiro cortamos un cacho de cartón e facémoslle unha forma que nos guste. Se a facemos con forma de flor, válenos para o maio... 
A esta forma témoslle que facer unhas aberturas nos bordes. Coas lás, fíos ou cordóns facemos unha composición, cadaquen ao seu xeito.





RETO Á FEIRA


Neste xogo tradicional convertiraste nunha auténtica máquina da puntería. Debes conseguir tirar a pirámide de vasos (iogures, vasos de plástico) tirando co menor número de intentos todos os vasos.
Podes xogar so ou con outros membros da túa familia e tirar dende diferentes distancias

CONTO EN INGLÉS

Ningún comentario:

Publicar un comentario