venres, 17 de abril de 2020

PROPOSTA PARA O SÁBADO 18 DE ABRIL


DIARIO DE NAVEGACIÓN          DIA 32

Que bonitas as illas Cies. Imos quedar aquí dous días admirando esta paisaxe.
Como é sábado, imos ver que argallamos para entreternos. 
Tocan xogos en familia!. Temos tres propostas para facer entre todos. 


IMITANDO UNHA OBRA DE ARTE

Investigade un pouco que cadros famosos, ou non tanto, hai no mundo da arte. Escollede unha obra de arte pictórica que vos guste. Imos estudiala un pouco… cómo se chama? Que aparece nela? Quen a pintou? Que vemos; obxectos, persoas, formas, cores…?
Ben, agora que a observastes imos tratar de imitala, cos recursos que teñades pola casa. Podedes imitala vos, reproducila con obxectos ou xoguetes… o que se vos ocorra. 
Poñémosvos algúns exemplos para que se entenda mellor. Animádevos a facer unha foto e compartila connosco! Non é preciso que enviedes o cadro orixinal. Decídenos so que cadro é.











Deixámosvos algún enderexo de museos por se precisades unha axudiña
MUSEO DO PRADO
GALERÍA UFFIZI

XOGOS E DEPORTE EN FAMILIA
Facede un circuito de xogos en familia. Deixámosvos algunhas propostas.

BICICLETAS
Quen aguanta máis facendo a bicicleta coas pernas na cama ou na alfombra?

PATINAXE
Poñede un plato de cartón ou un trapo en cada pé e xogade a esvarar polo chan. Podedes suxeitar os platos ou trapos con cinta adhesiva. Podedes facer un circuito libre ou montar un camiño con atrancos que haxa que sortear.

LANZAMENTOS
Medede un calcetín dentro doutro. Esa será a pelota. Podedes facer varias cousas:
- Lanzar uns a outros e quen non a colla, paga prenda (dará tres saltos, perderá unha quenda o que decidades en familia)
- Lanzar por quendas a pelota ao cubo da fregona. Ir variando as distancias, como xa fixemos. Podedes ir contando puntos.
-Lanzar a varios recipientes de distintos tamaños. Encestar en cada cacharro terá  unha puntuación diferente. Podemos lanzar de pe, agachados,...
- Cunha gorra e a pelota-calcetín facédelle lanzamentos a outro membro da familia. O outro ten que atrapala coa gorra.
-Empurrade a pelota co pe para facela chegar aun punto determinado




O BAILE DO XORNAL

  Poñedes unha música que vos guste e bailades cunha parella sobre unha folla do xornal ou unha tea. Cando pare a música doblamos un pouco mási o xornal ou a tea. Paramos e dobramos varias veces. Cada vez queda menos espacio para bailar!

Ningún comentario:

Publicar un comentario