Deixamos atrás as Cíes. Saímos a mar
aberto. Imos desfrutar da navegación.
DESPLEGADE AS VEAS!. Se estades ben atentos escoitaredes e observaredes un mundo de cousas.
No mar é importante dobrar ben as veas cando as recollemos. Así que imos practicar...
*DOBRANDO VEAS
Dobrade un folio a metade, e facede esta dobra dúas veces máis. Agora dobrade unha vez máis pero pola parte más longa do rectángulo. Xa é pequeno abondo.
Podedes seguir practicando durante a semana coas toallas e sabas que haxa para gardar.
Podedes seguir practicando durante a semana coas toallas e sabas que haxa para gardar.
*XOGO DE PESCA
Fixestes uns
peixes estupendos, pero demasiado grandes para o xogo que estabamos a preparar.
Daquela conseguir peixes máis pequenos vai ser a tarefa de hoxe.
Imos facer uns rectángulos pequenos. Se dobrastes a folla antes quédanvos 16 rectanguliños marcados nela. Ese é o tamaño que precisamos.
Se tedes peixes
xeométricos deste tamaño ou un pouquiño maiores, serviranvos. Imos probar a facer tamén outro tipo de peixes.
Recortade un
rectánguliño da folla e plegade un cachiño cara atrás dende o lado curto. Ide facendo a mesma dobla unha vez para diante e outra para atrás ata chegar ao final, que quede coma un acordeón. Este é o corpo do peixe.
Agora so tedes que debuxar e recortar cabeza, cola e aletas e pegalas no seu sitio. Na cola poñede un numero. Do 1 ao 5. Cantos máis peixes teñades máis divertido será o xogo e máis membros da familia poderán xogar.

Nos peixes
feitos do outro día poñede o número tamén. Podedes deixar algún sen numerar se
queredes.
Agora que tedes
todo pegado, facede con cuidadiño un burato na boca dos peixes.
Alí poderemos poñer un clip ou un pequeno fio de lá que nos permita pescalos.
Alí poderemos poñer un clip ou un pequeno fio de lá que nos permita pescalos.
Para facer a
cana precisades un pau ou un lápiz no que coloquemos un fío de lá (asegurádelo
con pegamento ou cinta de celo). No cabo da lá que queda libre haique poñer un clip aberto en forma de gancho (ou
unha alcaiata con esa forma).
Se non tedes nada disto non fagades a cana. Dirémosvos outro xeito
alternativo de xogar.
O XOGO
Metede tódolos peixes nunha caixa e intentande pescalos. Se resulta dificil, podedes pegar un aro de papel na parte de atrás e darlle a todos a volta para pescar.
Outra maneira de xogar sen cana consiste en metelos nunha bolsa e ir sacando a cegas un en cada quenda.
O importante é que cada xogador vaia gardando todo o pescado e ó final conte os puntos que gañou (o numero que ten o peixe).
*FACENDO EQUILIBRIOS (é unha idea de Diego Ricón)
O cociñeiro está un pouco aburrido e púxose a facer malabares. queredes imitalo?
Collede unha escumadeira e uns poucos espaguetis e macarróns Colocade os espaguetis nos buratos da escumadeira e despois ide ensartando os macarróns. Tamén podedes facelo con pauciños e cachos de palliñas.Metede tódolos peixes nunha caixa e intentande pescalos. Se resulta dificil, podedes pegar un aro de papel na parte de atrás e darlle a todos a volta para pescar.
Outra maneira de xogar sen cana consiste en metelos nunha bolsa e ir sacando a cegas un en cada quenda.
O importante é que cada xogador vaia gardando todo o pescado e ó final conte os puntos que gañou (o numero que ten o peixe).
*FACENDO EQUILIBRIOS (é unha idea de Diego Ricón)
O cociñeiro está un pouco aburrido e púxose a facer malabares. queredes imitalo?
Tamén podemos coller a parrilla do forno e unhas culleres e ir colocándoas alí entre os arames coma queirades.
Colocádeas co pau para arriba, pero tamén podedes experimentar.
Se agora colledes tamén os garfos con moito coidadiño podedes xogar a facer series...unha culler, un garfo, unha culler, un garfo. Pensade vós outra combinación.
*A FESTA DOS CONTOS
Celebramos esta semana a festa do libro. As festas teñen que ter algo especial. Que podemos facer?. Cada día da semana imos contarvos un conto e ao final da semana...
Xa volo contaremos! Escoitade ben atentos os contos porque se non perderedes moitos detalles.
E vai ser moi importante que o saibades todo, todo, todiño.
O PEIXE ARCO DA VELLA
Ningún comentario:
Publicar un comentario