sábado, 18 de abril de 2020

PROPOSTA PARA O DOMINGO 19 DE ABRIL

DIARIO DE NAVEGACIÓN                        DÍA 33
É domingo. A mar está en calma. Seguimos descansando. Toca  de novo xogar en familia.


MÉMORY FOTOGRÁFICO

Seguro que tedes algunhas fotos da familia de agora, ou doutros tempos. Collede dúas fotos de cada membro da familia que queirades (van ser distintas claro), baralládeas e colocádeas boca abaixo. Tedes que xogar coma nos mémorys, destapando dúas de cada vez e tentando adiviñar por quendas onde están as parellas. Podedes comezar con 2 ou 3 parellas e aumentar a dificultade canto queirades. 

De paso, podedes falar e lembrar as persoas ou as situacións que evocan esas fotos e aproveitar para "desenpolvar" moitos recordos.
Restaurar una fotografía antigua - FERFOTOblog (el blog de ...


MAIS XOGOS  EN FAMILIA CON...

XOGOS POLA MAÑÁ...

CHAPAS
Collede algo co que poidades marcar duas raias no chan. Facédevos coas chapas precisas...tapóns, chapas de cervexa, ...o que teñades e que se poida lanzar cos dedos.
Carreiras de chapas.
Trazade un camiño ancho para ir levando ás chapas dende a saída ata a meta; o dedo furabolos apóiase no polgariño e lánzase cara adiante  para dar impulso a chapa. Gaña o que leve a chapa antes á meta.
Se as raias as facedes paralelas á parede podedes xogar a deslizalas ata ela. Gaña o que a faga chegar máis lonxe.

TROMPOS 
unha tapa de botella atravesada por un palillo é un estupendo trompo. Probade a vosa habilidade.

BOLOS 
A pelota calcetín que empregastes onte vai servir hoxe para lanzala contra un número de botellas colocadas xuntas como bolos. Podedes ir contando cantas botellas tira cada un para saber que é o gañador.

...E POLA TARDE A PASEAR     (OLLO!,  COA IMAXINACIÓN)

Imaxinade que saímos ó campo. Estamos na primavera e o ceo é azul. As nubes veñen e van formando figuras brancas e grises. Se tedes a sorte de mirar o ceo dende a vosa casa, adicade un momentiño a observalas, a imaxinar o que forman. A senti-lo sol  na cara. 
Se non podedes, pechade os ollos, imaxinade, lembrando que cousas mirastes no ceo cando estabades deitados mirándoas. 
Moi ben. Agora é tempo de xogar na herba...

A RODAR
Rodar é divertido. Probade a facer un percorrido rodando para un lado primeiro; despois volvendo ó punto de partida. Se sodes varios, podedes intentar transportar un obxecto. Poñédevos uns ao lado dos outros. O primeiro terá na barriga un osiño de peluxe (ou outra cousa), rodando o corpo terá que pasarllo ao seguinte; este fará o mesmo co seguinte e así ata chegar a final.

A CORDA FROUXA
Poñede unha corda no chan, unha tea,..algo que semelle unha liña pola que poder camiñar. Hai que avanzar poñendo un pé diante doutro; pero coidado, se caedes á auga ides mollar. Podedes facelo máis difícil pondo coxíns atrancando. Son rochas que hai que cruzar con coidado. Engadide os trancos que queirades. É unha proba de equilibrio.

1, 2, 3 ...ZAPATITO QUIETO É (Cristina Rodríguez alejos).
Un xogo para quedarse como estatuas.





Ningún comentario:

Publicar un comentario