martes, 28 de abril de 2020

RETOQUE NO XOGO DOS NOMES

No xogo interactivo que propuxemos arredor dos nomes dos animais,  (está dentro da presentación "Xogando co mar", para que teñades como caixa de recursos) , vimos de facer un retoque. É que coas présas esquecéramos poñer o sonido da palabra ós letreiros dos nomes. Xa está solucionado, asi que si alguén probou e resultoulle dificil, porque ao non saber ler non sabía cal era o nome correcto, agora xa podedes probar de novo. É un xogo para que practiquedes as palabras, xa que non queremos poñervos fichas que teñades que imprimir.

Ademáis coáronse dous intrusos que estaban na lista de espera para cando fagamos un segundo xogo con outros animais. Non os imos sacar; a ver se sodes quen de atopalos!.

Ningún comentario:

Publicar un comentario