mércores, 1 de abril de 2020

PROPOSTA PARA O XOVES 2 DE ABRIL

DIARIO DE NAVEGACIÓN DIA 16

Un día máis, un reto máis. 
Chegados ata aquí e cumplindo tan ben os pasados retos, agora non podemos parar. A vida no mar é moi dura, pero hai que seguir aí loitando contra vento e marea.
Pero, antes, temos unha postura pendente do reto do Mariñeiro de Augas

Toca poñer esta ...


Hoxe é a quenda do MECÁNICO. Imos ver que argallou.
Reto 1/
Unha das  ferramentas que máis usa un mecánico é o desparafusador... que non sabedes o que é.? Haberá que preguntarlle aos expertos. Veña, ...!  Imos darlle unha pista ós despistados.

FURGOADICTOS: HERRAMIENTAS IMPRESCINDIBLES EN TU FURGO


 Eses vellos barcos enferruxados están cheos de parafusos.!
Tedes que explicarnos como funciona un desparafuxador. Podedes facer un debuxo onde vexamos o seu uso, pero o mellor será que nolo expliquedes cun audio ou cun vídeo, como eses tutoriais de instrucións que moitas veces consultamos.

Reto 2/
Nun barco hai moito que medir se queremos ir facendo os apaños precisos. Collede papel e poñédevos a buscar os tubos que haxa na casa (calefacción, lavabo, fregadeiro, ducha... ) e pensade unha maneira de saber canto miden.

Tamén teredes que facer unha áncora. Recortádea, se aínda podedes imprimir,  pegádea nun cartón  e forrádea co que teñades pola casa. Se non podedes imprimir teredes que debuxala, máis ou menos.
Ata aquí os retos de hoxe.

Ágora algo máis para que pasedes o día

OBXECTOS QUE FLOTAN

Collede unha bañeira con auga e unha chea de obxectos diferentes: pinzas de madeira, plástico, pelotas, peines, xoguetes pequenos, canicas, plumas, culleres, chaves etc. (De distintos pesos e materiais). Ide meténdoos na auga e observando o que ocorre...flotan, non flotan? Podedes coller dous platos onde vaiades colocando uns e outros. Vai ser unha información moi importante para a nosa viaxe.
Os máis expertos podedes pesar os obxectos nunha balanza e tratar de adiviñar se flotarán ou non.
MI CLASE DE INFANTIL (miclasedeinfantil@gmail.com ...


EXPLOSIÓN DE CORES 
Este é un experimento que non estamos seguros de que poidades facer. É posible que non teñades os ingredientes. Os que poidades fenomenal, ós demáis xa o faremos cando volvamos ao cole.

AQUI


CADEIRAS MUSICAIS
Colocade en círculo  cadeiras. Necesitades unha cadeira  menos que a cantidade de xogadores. Poñede música. Os xogadores bailarán arredor das cadeiras. Ao parar a música teñen que se sentar. O que quede sen cadeira queda eliminado. Non esquezades ir sacando unha cadeira de cada vez.
Tamén se poden poñer coxíns no chan.
Pódese xogar cantas veces queirades. Aos máis pequenos e  aos  que lles custa perder, pódeselle dar a oportunidade de “protagonizar algo” (ser os que paren a música, os que saquen a cadeira...)

Se sodes poucos na casa (2 ou 3), facede o xogo completo varias veces e ide apuntando quen gaña de cada vez. O gañador absoluto é o que chegue a 3 ou o número que decidades.




Ningún comentario:

Publicar un comentario