Hoxe é o día do SUPERRETO. A partir do luns, todos os que o merecedes,
que xa sodes moitos, comezaredes a recibir o voso agasallo en premio ao esforzo
feito e o voso bó facer como membros da tripulación.
Claro, que só uns poucos
poderán ser nomeados LOBOS DE MAR, aqueles que cumpliron tódolos retos. Xa veremos quen gaña ese título!
Primeiro imos rematar coas probas. E non van ser doadas!.
Rematamos coas posturas que nos mandou o MARIÑEIRO DE AUGAS . A primeira é a obrigatoria. A outra, a do barco, é para os que queiran seguir probando as súas posibilidades.
Hoxe participa nos retos toda a TRIPULACIÓN. Como xa aprendestes a mandar poñede a familia a funcionar. Imos ver!.
Reto 1/
É de novo un reto creativo.
QUE VOS LEAN este conto. Tedes que facer un pouco de teatro. Imaxinade esa situación e navegade dunha banda a outra da casa sorteando eses atrancos...
Tédelo
Toda a tripulación ten que pensar.! Hai que sacar da auga ao mariñeiro! Que vai ordenar o capitán? Pensade e
contádenolo.
E como remata este conto?. Mirade...
POR FIN
O MARIÑEIRO ESTÁ DE VOLTA NO BARCO CO PAQUETE...É UN AGASALLO! QUE COUSA
É? PARA QUEN?
Isto tamén nolo tedes que contar.
Xa sabedes... Cun vídeo, un audio ou cun debuxo. Podedes inventar un conto distinto, se queredes. Pero ten que ter o mesmo final.
Reto 2/ BARCOS, BARCOS, BARCOS
Ides preparar unha flotilla de barcos...non vaia ser que precisemos máis dun. Imos deixarvos unhas pezas que tedes que preparar.
Que tedes que facer?:
1º Recortade e coloreade as pezas. Os triángulos grandes, un azul claro e outro amarelo; o triángulo mediano, laranxa; os pequenos, un verde e outro lila. O cadrado, vermello e a outra peza que sobra, azul escuro.
Podedes recortar esas formas en pezas de cartón e pegalas alí (para que dure máis).
Agora tedes que compoñer estes tres barcos. Pedide axuda á tripulación se a precisades!.
Que tedes que facer?:
1º Recortade e coloreade as pezas. Os triángulos grandes, un azul claro e outro amarelo; o triángulo mediano, laranxa; os pequenos, un verde e outro lila. O cadrado, vermello e a outra peza que sobra, azul escuro.
Podedes recortar esas formas en pezas de cartón e pegalas alí (para que dure máis).
Agora tedes que compoñer estes tres barcos. Pedide axuda á tripulación se a precisades!.
Ata aquí os retos de hoxe.
Agora dúas cousiñas máis para que vos entreteñades.
O primeiro un conto que fala tamén dun agasallo moi especial.
COAS MANS BALEIRAS
PINTAMOS
CON CANICAS
Poñedes un folio no fondo da tapa dunha caixa (mellor se é un pouquiño fonda).
Vertedes un pouco de pintura de varias cores (ou mollades o que vaiades usar na pintura). Colledes unhas canicas, ou unhas landras que quedaran do outono, unhas
pedriñas redondas, …algo que rode. Movedes suavemente a caixa coma se fose un
barco abaneado polo vento e... a ver que debuxo tan chulos vos sae!. Cando queirades
podedes cambiar a folla e facer outro superdebuxo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario