A Julia non lle gusta que lle queden cousas atrás. Iso está ben. Son moitas as propostas que facemos e resulta imposible facelas todas nun día. Cada día entretédesvos coas que máis vos apetecen. E as outras quedan aí, para telas cando as precisedes.
Hoxe, Julia e Mario amósannos ese gorro tan ben feito, as sementes que están a medrar, os seus experimentos co que flota e o ben que fixeron os camiños. Bravo!
Ningún comentario:
Publicar un comentario