O pasado luns, o alumnado de Infantil gozou dunha estupenda xornada de obradoiros e convivencia en Donde viven los cuentos, un espazo rodeado de natureza e cun ambiente moi acolledor.
Ao longo do día participamos en numerosas actividades: cociñamos galletas saudables, moemos trigo, elaboramos perfumes, realizamos un obradoiro de pintura, divertímonos con xogos de auga e coñecemos as galiñas que viven neste fermoso lugar. Ademais, tivemos a sorte de escoitar un conto marabilloso que nos fixo viaxar coa imaxinación.
Tamén houbo tempo para a merenda de media mañá, o xogo libre e a comida, momentos que compartimos cos compañeiros e compañeiras nun ambiente de alegría.
Foi unha experiencia moi enriquecedora na que aprendemos, experimentamos e convivimos todos xuntos.
Gracias Donde viven los cuentos!
Ningún comentario:
Publicar un comentario