Xa averiguamos onde ían os elefantes... Ollade! Menuda poza que hai aí. Ademáis, dixéronme que aos elefantes góstanlle moito os melóns do deserto e din que teñen moita auga. Alí chámanlles NARAS. Semellan ovos de avestruz! Sabedes por que?
DIORAMA OU MINIMUNDO
Temos que facer hoxe as árbores do deserto para poñer no noso minimundo. Que non credes que hai árbores?. Bueno, poucas, espiñentas para que coman as xirafas e secas como estas acacias milenarias.
Para facer estas árbores e algunha outra con espiñas, coma eses arbustos que puxemos máis arriba, podedes:
- Coller pauciños na vosa casa (os que vivides en casa) ou no paseo. Poñede un pouquiño de plastilina e chantádeos no chan da vosa caixa-deserto.
-Podedes facer toda a árbore con plastilina ou cos tubos de cartón que sempre usamos. Neste caso un tubo aberto pola metade e enrollado sería o tronco. Antes de enrollalo, teríades que pegarlle un papel con flecos que faría as veces da parte superior da árbore. Ó abrir os flecos cortados parecerían as pólas. Habería que pegala ao chan ou suxeitar con plastilina.
-Unha terceira maneira de facelo sería recortar dúas siluetas iguais en cartolina ou nun
cartón de cereais. Facer nunha un corte vertical na base e na outra un corte vertical na parte de arriba. Ensartando as dúas, xa teríades unha arbore que se sostén sen problema.
IMITANDO ANIMAIS
Xa que estamos no deserto imitemos diferentes animais!
Tédelo que facer moi ben para que adiviñemos de que animal se trata!.
Pensade que características ten o animal que tedes na cabeza e imitade os seus movementos. Cantas patas ten? Ten ás? Ten un tubo? Camiña lento ou rápido?
Podedes probar cunha avestruz, cun elefante, cun... seguro que se vos ocurren moitos maís!.
LETRAS GALEGAS: AS PITAS....
Hoxe toca facer o debuxo desta escena:
HABÍA UN GALO MAXESTOSO QUE REINABA NO CURRO. TAMÉN HABÍA UNHA CABUXA.
CONTO: O ELEFANTE ELMER
Ningún comentario:
Publicar un comentario