Por fin, chegamos o cume da primeira duna. Hai moitas máis! Dende arriba podemos ver o que hai abaixo no val da outra beira.
E ollade o que descobrimos...unha manda de elefantes no deserto! Onde van? Pero se non hai auga? Ou si? Que credes vos? Alguén se atreve a decirnos onde van?
Precisamos un ELEFANTE para a nosa colección de animais do deserto. Deixamos dúas ideas moi sinxelas. Trouxestes algunha pedra do voso paseo?. É o momento de usala.
Se non tedes, un círculo de papel ou cartolina servirá. Poñédeslle orellas, trompa, boca e ollos e...listo. Se vos decidides polo outro modelo, copiade o elefante (círculo, orellas grandes, corpo con catro patas) facédelle un burato para meter o dedo e xa tedes unha estupenda marioneta.
SEGUIMOS O TRABALLO DO DIORAMA
O outro día fixemos o ceo e o sol. Pegaredes na tapa da caixa (na que vai vertical) o debuxo feito.
O fondo que fixestes para o chan podédelo pegar na base da caixa.
Diante do ceo temos que poñer as dunas. Podedes recortalas e pintalas en carton e colocalas de pe. Ou tamén podedes facer unhas montañas con papel pintado de amarelo, construilas con legos, ou amorear plastilina.
CONTANDO COAS CARTAS
Hoxe é o día de recuperar as cartas da baralla española (ou outra con números) e xogar cos números que ten.
-Podemos facer series numéricas, ordenando dende o 1 en adiante, ata chegar a carta de máis valor.
-Podemos facer a orde indo para atrás, empezando no número maior e descontando.
-Podemos xuntar tódalas cartas que teñan o mesmo número.
- Podemos coller as cartas do 1 ao 5 e ir agachando unha de cada vez (sen mirar) e adiviñar cal é a que falta. O mesmo do 5 ao 10.
- Podemos colocar tantos obxectos enriba da carta como nos diga o número que ten.
E seguro que atopades outras maneiras de contar e xogar.
***********************************
Ata aquí, as propostas para hoxe. Agora imos coas...
LETRAS GALEGAS
Lembrades que queriamos facer unha montaxe co conto "As pitas baixo a choiva". O conto orixinal é un pouco farragoso para os nenos e nenas de hoxendía. Daquela queremos que o desfrutedes un pouquiño máis facendo a nosa versión. Tódolos que queirades participar, tedes que ir facendo o debuxo das distintas escenas. Se algún día non vos apetece, non pasa nada. Nós iremos apañando entre os debuxos que teñamos. Veña, imos ver que toca hoxe!
PREPARACIÓN DO CONTO
O venres fixemos o debuxo da portada. Se alguén lle apetece incorporarse a este proxecto, aquí vos deixamos como é a portada do conto.
Se queredes escoitalo, premede AQUI
Hoxe toca a primeira escena. Este é o tema do debuxo que tedes que facer:
RICARDO DE PEQUENO PASABA OS VERÁNS NUNHA CASA DE ALDEA NA QUE HABÍA UNHAS PITAS MOI BONITAS CON CRISTAS VERMELLAS E PATAS DOURADAS.
Para que vos divirtades deixamos esta cantiga para ver e escoitar.
CANTIGA. AS PITAS BAIXO A CHOIVA
As pitas baixo a choiva. Cantiga from biblio BN on Vimeo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario