mércores, 20 de maio de 2020

PROPOSTA PARA O XOVES 21 DE MAIO

DIARIO DE NAVEGACIÓN          DÍA 64
A lagoa que vimos antonte estaba baleira e ó escoitar con atención ouvíanse uns chíos intermitentes. Non sei por qué non lles fixemos caso, ollade  o  que temos fronte nosa!.








Tranquilos, non lles interesamos. Coido que van camiño da praia! Ai! Que alguén lle dea aviso ós leóns mariños! Como corre esa hiena! Seica vai chegar antes ca nós!



FACENDO COMEDORES DE CARNE
Xa temos varios herbívoros no deserto. Fáltannos os comedores de carne. Os leóns non poden faltar porque xunta os elefantes son  os reis do Namib. Así que, veña, a facer leóns e leoas.
Con estas fotos coido que non precisades explicacións.




Tamén podedes facer unha sinxela lagoa poñendo pintura branca, azul claro, escuro e outras cores que queirades nun papel. Despois poñédelle un cacho de film transparente enriba, que cubra todo, e frotade paseniño co dedo ou cun rolo de cociña. As cores mesturanse. Se queda moi colorido é o efecto do sol reflectindo as cores deste deserto. Cando estea seco, xa podédelo poñer no minimundo do deserto.


MATES: O DETECTIVE DE NÚMEROS
Estades listos para explorar a fondo a vosa casa? Desta vez, imos  buscar números, observade ben atentos en cada recuncho e… cada vez que  atopemos un, podemos rexistralos nunha folla. Os pequenos podedes levar unha táboa con números e ides apuntando que números atopades. 
Os maiores podedes facela vós. Facede unha marca na columna do número para despois ver se foron moitos ou poucos os que atopamos de cada.
Os maiores tamén podedes ir anotando onde o atopastes.
A plantilla sería algo así. Podédela facela a man. Non fai falta imprimir.





Ata aquí as propostas de hoxe, agora ...

LETRAS GALEGAS
A escena de hoxe é:

UN DÍA O CEO PÚXOSE MOI ESCURO, O SOL DESAPARECEU E COMEZOU A CHOVER.AS PITAS, QUE NON TIÑAN POLEIRO, EMPEZARON A MOLLARSE MOITÍSIMO.
RICARDO, QUE XA NON PODÍA AGUANTAR MÁIS, SAIU  A METER AS PITAS DENTRO DA CASA CHAMÁNDOAS ASÍ: CHURRAS, CHURRAS!!!!




CANCIÓN DE MANS E DEDOS

Ningún comentario:

Publicar un comentario