Collede as vosas cousas de exploradores porque temos que baixar a terra. Hai algo de cores moi distintas movéndose polas árbores que desperta a miña curiosidade. Estou mirando algo azul polos anteollos e de súpeto vira a cor marrón. Que pode ser? Non sei se estarei a volverme tola despois de tantos días de navegación.
Agardade vou facer unhas fotos! Ollade!...É un camaleón pantera! Por iso viamos tantas cores!
APRENDEMOS SOBRE O CAMALEÓN
Hai unha chea deles nesta illa. Imos ter que aprender algo sobre eles!
MATES CREATIVAS
Compoñemos un camaleón? Podemos debuxalo ou facelo a partir de 3 formas xeométricas.
1/ Se o debuxades, tedes que facer primeiro unha casa nunha folla de papel: un tellado de triángulo e un rectángulo un pouco longo. Despois tedes que poñelo horizontal, coma se estivese deitado. Que imaxinades que teremos que facer agora?
O tellado é a cabeza. Poñédelle ollos e boca. A parede da casa e o corpo. Debuxádelle uns picos arriba no lombo e dúas patas (rectánguliños pequenos e triánguliños para as garras). Aparte facedes un circulo e pedides que vos axuden a debuxar nel unha espiral. Teredes que recortar polas raias e pegalo na punta do corpo.
Podedes engadir un rectángulo estreito para a lingua. Ou se vos atrevedes, enrollalo para que pareza máis real.
2/ Podedes facer o mesmo despois de recortar un triángulo, un rectángulo e un círculo medianos.
Cando todo estea listo podedes decoralo como queirades ou como este modelo a raias.
MOVÉMONOS NO EXTERIOR
É moi importante aproveitar as saídas para tomar o ár fresco: Nos paseos podedes xogar á mariola, ás agachadas, ao fútbol e outros deportes
como o patinaxe, correr, andar na bici. Non deixedes de movervos!.
MOVÉMONOS COA MÚSICA
Ningún comentario:
Publicar un comentario