luns, 25 de maio de 2020

PROPOSTA PARA O MARTES 26 DE MAIO

DIARIO DE NAVEGACIÓN       DÍA 69

Ollade cara  o sur (abaixo)! Vedes aquela masa branca ao lonxe...?  É a Antartida! Tede coidado! A ver se se desprende un cacho de xeo e chocamos con el!



ONDE IMOS?
Mentres loitamos contra o vento e as ondas,  seredes quen de adiviñar onde imos? Estamos a cambiar de océano e o noso destino é esa illa grande que se mira á dereita ao dar a volta á punta de África. Buscade no google maps cal é o seu nome e apuntádeo. Tedes que premer ata que saia o símbolo de ubicación e ler o nome que aparece. 





EXPERIMENTO :  ESCULTURAS DE XEO OU O XEO QUE MEDRA
A antártida é un bloque de xeo. Para coñecer ben o que é o xeo, e como se forma, imos facer este experimento. Deixámosvos aquí as instruccións.
INSTRUCCIÓNS


A GALIÑA PON-PON
Este xogo é para facer entre varios. Colledes unhas caixas de ovos ou unhas bandexas de cubitos para o xeo (ou outra cousa que teña ocos para encher. Unha para cada xogador. Colledes tamén tapóns, bolas ou outro material que faga as veces dos ovos. Podedes xogar cun  dado ou uns papeis con números. Na vosa quenda, tedes que ir enchendo a caixa de ovos coa cantidade que saia. Cando saia un 2, deberedes quitar en vez de poñer. O primeiro que remate de enchela, gaña. 
Tamén podedes xogar con dous dados ou dous moreas de cartas para ter que calcular un pouco máis. 




XOGO MOTRIZ
Este xogo é de imitar movementos a partir dunhas ordes. 
Primeiro hai que observar. Na imaxe que poñemos saen unha serie de animais mandones que teñen  moito que dicir. Hai que observalos e aprender de memoria o que cada un quere que fagamos. Xa o sabedes?
Agora tedes varias posibilidades de xogo:
Podedes facer unhas tarxetas pequenas debuxando e coloreando estes animais, ou escribindo o seu nome. Cando as teñades, poñédeas nun montón boca abaixo e ides sacando unha de cada vez.
Teredes que facer o movemento que pedía cada  un.
Tamén pode ser que alguen vaia dicindo de cada vez un nome en alto e vós fagades os movementos.  Canto máis deprisiña o fagades, máis vos divertiredes.

Outra posibilidade é  ordenar coma queirades os animais e xogar a facer tódolos exercicios nesa orde. Podedes ir por parellas ou tríos de animais; ou inventar unha serie na que se repita algún deles. 
 Por exemplo, AVESTRUZ-CANGREXO-AVESTRUZ-CEBRA-AVESTRUZ-CANGREXO-...



CANCIÓN CONTO DE MARILUZ AVESTRUZ





Ningún comentario:

Publicar un comentario