xoves, 14 de maio de 2020

PROPOSTA PARA O VENRES 15 DE MAIO

DIARIO DE NAVEGACIÓN          DÍA 58

Hoxe é o día de empezar algunhas cousiñas, mentres rematamos de subir pola impresionante costa desta primeira duna. É alta coma un edificio de 60 pisos!
Como digo imos comezar varios traballiños que remataremos na vindeira semana.

DIORAMA DO DESERTO OU MINIMUNDO
Collede unha caixa que teña tapa ou dúas caixas para poñelas perpendicular unha coa outra; ou buscade unha superficie onde poidades montar todo. Na foto podedes ver a idea. O noso deserto non vai ter palmeiras nin cactus, os camelos tampouco se moven nel; pero para darvos unha idea serve. 
Comezaremos por preparar o fondo de atrás, o ceo e o sol. Onte fixestes un fondo con distintos tonos de laranxas e marelos que nos servirá para o chan. Se quedou pequeno, podedes preparar outro igual. Pero, ... pouquiño a pouco. Hoxe con facer o ceo chegará.

 


XOGO DAS CORES

Para xogar precísanse dúas ou máis persoas: unha di  a cor  que queira. Teredes  que buscar pola casa un obxecto que teña esa cor. Gaña o que poña antes  nun cesto un obxecto ou varios que teñan esa cor. Tamén podedes probar con formas, tamaños... 
Canto máis rápido máis divertido!.

Ata aquí o traballo de hoxe
Agora unhas propostas para facer con calma.

ESPECIAL LETRAS GALEGAS
O traballo das Letras Galegas continúa. 
Gustaríanos facer  tamén a montaxe deste conto de Carballo Calero e contar tamén coa vosa axuda.
Imos pedirvos cada día un debuxo dunha parte do conto. Cos vosos debuxos e as nosas voces iremos montando a historia, para ter un conto feito entre todos dende a distancia. 
Así que escoitade primeiro o conto e despois facede o debuxo da portada. Podedes copiala igual ou facer a vosa creación a partir do que vos suxira o título. 




Queremos tamén facer unha GALERÍA DE PITAS. Poñede a imaxinación a andar e facede  a vosa pita coa técnica que queirades.
Aquí tedes algunhas ideas, pero hai moitas máis. E lembrade non hai présa.



 

 




CONTO: AS PITAS BAIXO A CHOIVA


Ningún comentario:

Publicar un comentario