mércores, 6 de maio de 2020

PROPOSTA PARA O XOVES 7 DE MAIO

DIARIO DE NAVEGACIÓN                DIA 51

Ai Ai,  que meeedo, que medooooooo! Quedamos pampos!. Ese deserto semella inmenso. A praia esténdese moi longa cara o sur e agora que quixemos ver cos anteollos que era ese puntiño que miramos na praia...non damos creto! Non imos poder desembarcar! Como imos facer?
Pero que fai unha leoa na praiaaaa? Non pode ser! Podédenolo aclarar? Non vemos a selva nin a sabana por ningures? Estase a dar un baño de escuma?




Tranquila, tripulación! Somos todos expertos capitáns! O primeiro imos prepararnos para a faena...Non podemos desembarcar sen unha boa equipaxe de exploradores!.


QUE PRECISAREMOS PARA EXPLORAR A PRAIA E O DESERTO.

Pensade un pouco,... irá frío ou calor?. Que necesitaremos para explorar? 
Facede unha lista co que coidades preciso. Escribídea os maiores e debuxádea os pequenos. 
Bulide, con esta ondaxe tan forte non podemos estar moito tempo aquí parados. A nosa áncora non vai aguantar e imos quedar á deriva nesta costa tan perigosa.



APRENDEMOS A OBSERVAR

Precisamos unha mochiliña para levar todas esas cousas coas que imos desembarcar. Un cartón cadrado cunha asa servirá. E, xa que estamos, imos facer dúas: unha para o noso xogo e outra especial para que levedes de paseo.
Collede 2 cartóns que poidan servir de soporte ríxido (dunha caixa ou dunha carpeta). Poñédelle unha asa para poder collelo coma se fose unha maleta. 
No primeiro cartón non fagades máis nada. Xa poremos cousas dentro duns días.
Agora facede circuliños e pintádeos de distintas cores. Pegádeos no lado esquerdo e de arriba a abaixo, no segundo cartón. Se tedes cinta adhesiva de doble cara pegade cachiños facendo unha liña a carón de cada cor.
Se non tedes, non pasa nada; xa pegaremos as cousas ao chegar a casa.
Para que nos vai servir esta 2ª maletiña? Para procurar cando vaiamos de paseo cousiñas que teñan esas cores que puxemos (pétalos, follas, pedriñas,...). Se son cousiñas que podemos traer para casa, collémolas e pegámolas na fila da súa cor. Se non podemos, no seu lugar poñemos un debuxo. 



MATEXOGOS

Imos practicar por se temos que contar areas ou esas bolas de escuma da praia.
Collede unha folla e ide poñendo os números en orde de arriba a abaixo. Podedes escribilos ou colocar tarxetiñas ao longo da folla. A carón de cada número facede tantas marcas con pintura como o número que é. Podedes usar pintura de dedos ou debuxar e colorear bolas ou pegar cachiños de papel.







DANZA WAKA WAKA

Ningún comentario:

Publicar un comentario