xoves, 21 de maio de 2020

PROPOSTA PARA O VENRES 22 DE MAIO

DIARIO DE NAVEGACIÓN       DÍA 65
Despois de tantos días camiñando polo deserto, toca volver ao barco.
Seguimos a estas avestruces? Semella  que saben onde van!



Esperemos  que o barco estea ben fondeado onde o deixamos, na Costa dos esqueletes! A ver se non topamos outra vez cos leóns e a súa compaña!. A min metéronme un pouco medo!
Xa estamos na costa! Canto bicho...! Pero,... capitáns! Onde vai o noso barco? Non o miro por ningures! Collede os prismáticos... Vexo flamengos!  Que dí o mapa?.  Cabo cross! Outra reserva de leóns mariños!  Estas avestruces fixeron que nos perdesemos un pouqueniño!











 Tedes o mapa  do Namib por aí? Collédeo! Imos apuntar os lugares antes de volvernos perder. Marcade as DUNAS e CABO CROSS.









Xa vexo un puntiño alá ao lonxe. Temos que camiñar toda a praia cara o norte.!









O DESERTO DO NAMIB
Mentres camiñamos, que vos parece se nos entretemos con todas estas cousas sobre o Namib que prepararon as profes para vós.  Ide paseniño. Hai moito que ver e que facer! Cando menos o pensedes xa estaremos diante do noso barco!






LETRAS GALEGAS
Escena final. 
Primeiro debuxade a avoa co seu paraugas e despois ...

-TODOS OS DA CASA SAIRON AXUDAR. UNS COLLERON AS PITAS.
A AVOA COLLEU O GALO. ESVAROU NUN CHARCO. PERDEU O PARAUGAS, PERO NON SOLTOU O GALO. AO FINAL ACABARON TODOS MOLLADOS.

Ningún comentario:

Publicar un comentario