Capitáns, mírase algo moi curioso polos
anteollos! Estamos a pasar por un cacho de costa onde todo é amarelo!. Que é todo iso? Onde estamos? Vivirá alguén aí? Semella coma outro mar inmenso. Mirade nos mapas. Onde credes que estaremos? Como bos lobos de mar, aventurádevos a adiviñalo!
PINTAR SOMBRAS
No deserto hai moito sol. O sol é quen de debuxar sombras. Iso é o que ides facer vós.
Procurade un recunchiño onde dea o sol e colocade alí unha folla e algúns obxectos: vasos, bonecos, pezas de madeira ...cousiñas da casa que teñan unha pouca altura.
Observade a sombra e ide debuxando os obxectos que vedes na folla. Despois podedes pintar as cousas como son, ou decoralas como vos guste.
Que non hai sol? Teredes que axudarvos cunha lampariña de mesa ou cunha lanterna.
Tamén podedes probar a facer esto mesmo cando saiades de paseo. Neste caso, fixádevos nas sombras das cousas e trazádeas no aire co dedo.
MEMORY FEITO NA CASA
Imos facer este xogo de atopar as parellas agochadas.
Tedes que coller un cartón fino ou unha folla de papel e cortala en cadrados iguais; tantos como parellas vaiades facer. Cantas máis parellas fagades, o xogo será máis dificil. Facede debuxos sinxelos, dous de cada: dúas estreliñas, dous círculos, dúas árbores.
Tedes que coller un cartón fino ou unha folla de papel e cortala en cadrados iguais; tantos como parellas vaiades facer. Cantas máis parellas fagades, o xogo será máis dificil. Facede debuxos sinxelos, dous de cada: dúas estreliñas, dous círculos, dúas árbores.
Para xogar: barallade, colocade tódalas tarxetas boca abaixo e ide descubrindo de dúas en dúas. Se forman parella, podedes retiralas do xogo, senón lembrade colocalas no mesmo sitio que estaban. En cada quenda teredes que fixarvos na posición que teñen os obxetos que buscades para poder recordala cando faga falta.
FAI DEPORTE Ó AIRE LIBRE
Como podedes saír un pouquiño, é o momento de pasear, correr, andar en bici ou patín. Podedes imaxinar que hai semáforos, pasos de peóns,... e
así xogar a parar e reanudar a marcha. Non esquezades algo moi importante: LEVADE O CASCO,
tanto co patinete como na bici e desfrutade do deporte.
CONTOS A BARULLO
Un bó capitán ten que ser un gran contador de historias. Como imos aturar tantos días de navegación, tantas noites en cuberta sen nada que facer, se non temos un gran contador á nosa beira?.
Ides ter que practicar un pouquiño.
Ides inventar unha historia, pero...haberá que seguir unhas normas.
Collede un dado ou unha bolsiña con números do 1 ao 6. Ides facer 4 tiradas. Con cada unha delas ides saber como tedes que construir a vosa historia. Inventádea con eses elementos e contádenola. Nun audio ou nun vídeo. Tamén podedes facer un debuxo sobre ela, pero non esquezades que tedes que contarnos a historia.
Ao tirar o dado ide apuntando o número que sae e buscade na lista e elemento que vos tocou.
Ningún comentario:
Publicar un comentario