Nós, todos concentrados coa lupa, vendo bichiños, pedriñas e pisadas misteriosas, pero nesta praia aparecen animaliños moi estraños. Primeiro as leoas e agora...cebras e oryx? Non damos creto!
ESQUELETES NA AREA: BARCO E PEIXE
Levamos varios días falando desta costa e alguén... preguntouse por que se chama así.? Xa vos dixemos que era unha costa moi perigosa, na que os barcos adoitan naufragar. Ao camiñar descubrimos na area moitos esqueletes e barcos destrozados. Imos facer algúns deles.
Levamos varios días falando desta costa e alguén... preguntouse por que se chama así.? Xa vos dixemos que era unha costa moi perigosa, na que os barcos adoitan naufragar. Ao camiñar descubrimos na area moitos esqueletes e barcos destrozados. Imos facer algúns deles.
Tedes a bandexa sensorial que fixemos hai tempo con area, fariña, pan raiado?. Podedes debuxar co dedo esta silueta e despois poñerlle enriba boliñas de papel, así sobresaen os restos do barco no deserto! Bueno e se no paseo pasades pola praia ou polo parque probade a facelo alí, debuxando e marcando con pedriñas ou conchas.
Agora, apetécevos facer un peixe?.
Recortade un círculo e despois cortádeo pola metade. Unha metade será a cabeza, poñédelle ollo e boca; a outra, será a cola se lle dades a forma. Entre as dúas pegade unha tira de cartón ao longo. E tiriñas pequenas no outro sentido, como se fose unha raspa de sardiña. Se lle poñedes un fío, xa tedes un móbil! Ou un recordo do voso paso por esta costa.
A BUSCA DOS TESOUROS: OS CONTRARIOS
Este xogo ten dúas partes. Unha parte podédela xogar hoxe e outra mañá. Facede como queirades.
Primeiro tedes que facer unha busca de tesouros pola casa, aínda que tamén podedes traer algunha cousa interesante do paseo. Poñeredes tódalas cousas que collestes nunha mesa, nunha bandexa ou no chan xuntándoas por parellas de contrarios... unha cousa grande, cunha pequena; unha grosa, cunha delgada; unha aberta, cunha pechada; unha curta, cunha longa. Tódalas parellas que se vos ocorran.
Nun segundo momento, podedes escoller unha das parellas para xogar. Alguén ten que agachar pola casa un dos elementos da parella. A outra levádela vós na man. Axudándovos das pistas que vos dean segundo esteades máis cerca ou máis lonxe (frío, frío, quente, moi quente, conxelado,,,) teredes que atopar o obxecto agachado.
Pdedes xogar tódalas veces que queirades ou facelo con varios elementos á vez.
CONTO: A CEBRA CAMILA
Ningún comentario:
Publicar un comentario