ANA: UNHA CHEA DE COUSAS
Ana traballou moito estes días. Aquí nos amosa as estupendas gafas de sol e o peixe esquelete que fixo. Aprendeu ben onde está a costa dos esqueletes no mapa e xogou coas formas. Paula e máis ela fixeron unha chea delas. As dúas tamén nos traen as súas palabras e contos. Unhas palabras fermosas e uns contos marabillosos.
Vexo que estivestes moi atarefadas, Ana e Paula, quedáronvos unhas formas increíbles! Grazas polas vosas palabras en galego e a recomendación de contos. Está estupendo!
ResponderEliminar