mércores, 13 de maio de 2020

PROPOSTA PARA O XOVES 14 DE MAIO

DIARIO DE NAVEGACIÓN          DIA 57

Diante nosa,  dende a praia, estamos a mirar estas impresionantes dunas. Son enormes e moi antiguas. Xa existían canda os dinosaurios!
Antes de subir por elas imos botarlle unha ollada...



e imos escribir xa no mapa o nome desta praia onde atopamos cousas tan interesantes.
 Xa sabedes, copiade o mapa; non fai falta imprimilo, e nunha tiriña de papel escribide
COSTA DOS ESQUELETES  que é esa franxa laranxa que marcamos. Non perdades a folla porque seguiremos a marcar os seguintes sitios onde vaiamos.


Mirade...! Hai alguén aí, agardando por nós!




AS CORES DO DESERTO
Este deserto é moi especial. Se vos fixades ben ten unha morea de tonos da mesma cor. 
A area  das dunas semella laranxa, pero tamén  ten amarelos escuros e claros; na  beira da praia é cáseque branca. 
Podedes hoxe facer estas cores.  Ides facer o fondo dunha paisaxe de deserto. Se mesturades pintura amarela máis clara e máis escura e lle poñedes, tamén, un poquiño de marrón ou vermello, iredes conseguindo os distintos tonos. Se tamén lle engadimos area, pan raiado ou algo que lle dea o efecto rugoso xa temoso efecto completo. Collede unha folla e pintade franxas diferentes coas diferentes cores. Xa outro día poñeremos alí algúns animaliños.


XOGANDO COAS FORMAS

Hoxe imos facer formas e xogar coas liñas.
Collede  plastilina o algunha pasta de modelar. Tamén poderíamos usar pauciños, tiriñas de cartón ou fios de lá. 


Podedes facer as figuras que se ven na foto e outras que faltan, coma o rectángulo ou o rombo. Tamén podedes crear vós novos modelos. 
Os maiores podedes facer primeiro as formas xeométricas e  escribir os seus nomes en tiriñas de papel. Despois, xogade a recoñecelos e colocalos no lugar correcto. Podedes facelo varias veces.


RITMO AFRICANO

Ningún comentario:

Publicar un comentario