sábado, 9 de maio de 2020

ÁLVARO INVESTIGA

Hai  uns días deixamos nas propostas unha pregunta que a moitos semellou non impresionar. Que facía unha leoa na beira do mar? Álvaro estivo a matinar e xa nos apunta unha idea. 

"A leoa vai ter un bebé. Os bebés leóns precisan leite...que mellor que ir á praia. As praias teñen palmeiras; as palmeiras teñen cocos; os cocos teñen leite..." 

Unha lóxica aplastante. Gardamos a idea de Álvaro e agardamos as vosas. Este "problema" non pode quedar sen solución!.
Ademáis elaborou unha lixtaxe estupenda para poder explorar e outra boa idea para nos librar da leoa. Parabéns, Álvaro!.







Ningún comentario:

Publicar un comentario