luns, 4 de maio de 2020

PROPOSTA PARA O LUNS 4 DE MAIO

DIARIO DE NAVEGACIÓN      DÍA 48

Levamos varios días en Cabo Verde.
Antes de levar áncoras nesta illas  temos que encher as bodegas con todo  o preciso para as nosas comidas. Non sabemos en que condicións chegaremos ao próximo porto!.
Escoitade esta canción e ide apuntando nunha folla o que temos que mercar. Os maiores podedes escribir as palabras, os pequenos podedes facer os debuxos. 
Tamén podedes engadir os produtos que vos apeteza na lista. Así o cociñeiro poderá mercar as cousas que  máis vos gustan.






XOGANDO COS CHEIROS  A CEGAS (2ª parte)

Imos volver xogar co nariz, pero dun xeito distinto. 
Tedes que coller as cousas que cheirastes o outro día, engadirlle os cheiros dos que fala a canción e prepararvos para unha cheirada a cegas.
Podedes cheirar unha vez máis as cousas antes de comezar o xogo. Agora poñede un pano nos ollos para non ver nada e ide achegando cousas ó nariz. Tedes que adiviñar o que son. 
Cada vez que acertedes, poñede un punto ou unha raia nunha folla (ou poñede tapóns na mesa). Cando rematedes apuntade cantos cheiros fixestes e cantos acertastes.


MATECOLARES DE CORES

Ollade a folla de instrucións e atendede ao que tedes que preparar para o noso colar matemático. Para facer as flores e os peixes precisades papeis de cores ou papel branco que teredes que pintar da cor precisa. A maioría delas podedes recortalas, pero unhas poucas haberedes de rasgalas. Debuxades o peixe no papel e con paciencia ides rasgando polas raias (cachiño a cachiño) ata sacar o peixe enteiro.
É un traballo de moita destreza e moi importante para un capitán, así que non deixedes de facelo. 
Ao rematar tedes que compoñer a serie de flores e peixes. Podedes facer un colar de verdade ou pegalas seguindo esa orde nun colar debuxado.

instrucións AQUI




ESCOITO E VEXO. O FONDO DO MAR. AQUARIUM. SAINT SAENS




Ningún comentario:

Publicar un comentario