Hoxe os nenos e nenas de Infantil vivimos unha xornada moi especial. O coelliño de Pascua deixounos preparada unha divertida búsqueda de ovos! Para comezar, tivemos que interpretar un mapa que nos guiaba polo colexio e seguir distintas pistas. Ao longo do percorrido tamén tivemos que superar pequenos retos, nos que demostramos o ben que traballamos en equipo.
Unha vez completadas todas as probas, conseguimos as pezas dun quebracabezas que tivemos que montar entre todos e todas. E cando xa pensabamos que a aventura rematara… chegou a gran sorpresa! Fomos ao patio de Infantil e, despois de buscar un pouco, atopamos a cesta do coelliño de Pascua cheíña de ovos.
Pasámolo xenial, divertímonos moitísimo e, ademais, os ovos estaban riquísimos!
