xoves, 16 de xaneiro de 2025

O INVERNO XA ESTÁ AQUÍ

Os nenos e nenas de 3 anos xa notamos a chegada do Inverno!

Nesta actividade estivemos experimentando co xeo, as cores frías que nos rocordan a esta estación, xogando cos sentidos, practicando a coordinación óculo-manual, a concentración... 

Divertímonos un montón!



CONTACONTOS DAS FAMILIAS

 Acompañáronnos  os pais de Ángel na aula de 6º de infantil contándonos un  conto sobre as belugas. Aprendemos, conversamos, rímonos... unha actividade compartida que nos fai felices!.