xoves, 19 de decembro de 2024

SORPRESA DE NADAL

Esta é a sorpresa coa que nos atopamos os nenos e nenas de Educación Infantil este mércores na escola. Unha instalación de Nadal!
Todos xuntos puidemos curiosear, experimentar, rir, xogar... e, sobre todo, desfrutar un montón!
Aquí vos deixamos algúns momentos, e aproveitamos tamén para desexarvos...

BO NADAL!!!





martes, 17 de decembro de 2024

SAÍDA A CASAPLANTA

Os nenos e nenas de Infantil e 1º de Primaria fomos de visita a Casaplanta. Alí, tivemos a sorte de contar con Cris, que nos mostrou o ásperas e suaves que podían ser as follas dalgunhas plantas, as plantas carnívoras, as de exterior e interior, as que teñen flores no inverno...aprendemos moitísimo!!!



domingo, 10 de novembro de 2024

O NOSO SAMÁIN

Os nenos e nenas de Infantil celebramos un Samaín moi divertido; experimentamos coas mesas sensoriais nas aulas, fixemos murais sobre bruxas para as nosas portas, disfrazámonos e participamos nuns obradoiros moi especiais para os que fixemos grupos mixtos das tres aulas.

Os obradoiros consistiron no seguinte:

- Creación de momias terroríficas.

- Masaxes da bruxa.

- Figuriñas de Samaín con pasta para modelar.

- Experimentación de pócimas de bruxa.


¿Queredes ver o ben que o pasamos? Aquí vos deixamos un pequeno vídeo.




luns, 28 de outubro de 2024

DÍA DAS ESCRITORAS EN INFANTIL

O pasado 14 de Outubro conmemoramos o Día das Escritoras. 

En Infantil, tivemos un xenial contacontos organizado polas alumnas de 6º de Primaria, no cal nos narraron a vida da escritora Gloria Fuertes. 

Nas aulas aproveitamos para traballar un pouquiño algunhas rimas desta autora e para crear uns póster para compartilos cos demais compañeiros/as. Ademais, participamos nun obradoiro de marcapáxinas na biblio. 

¡Canto aprendimos e que ben o pasamos!






OS NOVOS COMPIS DA ESCOLA

 Xa fai un tempiño que comezamos un novo curso escolar, alá polo mes de setembro, e os nenos e nenas de 3 anos xa están mais que adaptados.

Os primeiros días de escola son un cúmulo de emocións; novas presentacións, algúns medos, xogos e moitas alegrías. 

Aquí vos deixamos un resumo destas primeiras semanas de clase.

Benvidos!!




mércores, 10 de abril de 2024

xoves, 7 de marzo de 2024

NOVAS ENTRADAS NA RADIO

Pasade a escoitar novos contos na aula de 4 anos e o programa sobre o punto lila en 5 anos. Na aula virtual ou no noso canal radiocamilo, no lateral dereito..