Este parón no Nadal vainos servir para tomarmos un descanso e tamén para organizar todo o que vivimos neste intenso trimestre. Aínda que un pouco maratoniana déixovos nesta entrada varios momentos da nosa
primeira estadía no cole. En sucesivas entradas poremos o que seguiu despois.
Son fotos de pequenos momentos ou actividades especiais onde
puidemos coller a camara e desfrutar co facer dos nenos e nenas. Hai
momentos máxicos e imprevistos que non saen nas fotos; imposible parar o tempo
e volver atrás, pero seguro que teñen deixado unha pequeniña pegada na súa
aprendizaxe que agromará nalgún intriño do seu desenvolvemento.
O que é certo é
que este trimestre ten sido un momento de coñecernos todos, de coñecer algunhas
cousiñas e rutinas do cole, de coñecer a personaxes máxicos que se agochan
nalgúns recunchiños, de achegarnos ás primeiras experiencias de aprendizaxe
escolar, de gozar coas lecturas e coa iniciación á investigación, de compartir xogos e
vivencias...e este é un obxectivo cumprido. Grazas a todos.
-ADAPTACIÓN E INICIO DE ACTIVIDADES. OUTUBRO
adaptaciónealgomais
- O NOSO SAMAÍN. 2ª QUINCENA OUTUBRO (Samaín, participación nas actividades de centro, obradoiro de medo compartido cos amigos de 4 e 5, coñecemos a casa de Brunilda: o túnel do medo)
-BALEIRANDO CABAZAS
-LECTURAS DE MEDO COMPARTIDAS COS NOSOS AMIGOS DE 5ºA
-PROXECTO MÉDICOS. Todo o trimestre. Onde foi pato. Qué é un hospital.Aprendemos algunhas cousiñas do noso corpo e como ser bós médicos. Contos relacionados.