Follas de Moreira
xoves, 5 de marzo de 2026
RADIO ENTROIDO
luns, 2 de marzo de 2026
VIVINDO VISITANOS DE NOVO
VIVINDO fixo con nós un novo obradoiro, con el aprendemos a usar as mans, cantamos cancións usando a lingua de signos, disfrutamos da luz negra con pintura fluorescente creando un ambiente cheo de cor, movemento e ilusión.
Esperamos con inquietude a túa próxima visita.
venres, 13 de febreiro de 2026
MANDATOS DE GAUDILANDRO
Foi todo un éxito a participación nos mandatos de Gaudilandro!! Pasámolo fenomenal foi moi divertido.
xoves, 30 de outubro de 2025
O NOSO SAMAÍN!
Hoxe os nenos e nenas de Educación Infantil tivemos unha misión moi importante: salvar á nosa escola do feitizo das bruxas. Para iso, tivemos que ir conseguindo os distintos retos que estaban propostos nos obradoiros. Pasámolo fenomenal e, por suposto, conseguimos salvar á nosa escola!
xoves, 2 de outubro de 2025
Adaptación 4º infantil
Este marabilloso grupo de nenas e nenos de tres anos xa está gozando e aprendendo, como si este espazo escolar fose noso desde sempre. Esperamos que todo continue así.
venres, 13 de xuño de 2025
RODEADOS DE MATES
O noso día a día está cheo de números, formas,razoamentos...algo que descubrimos
xogando, experimentando e pensando.
Este video é só unha mostra do noso traballo diario.
martes, 10 de xuño de 2025
EXPERIMENTAMOS COAS CORES DO ARCO DA VELLA
Como ben sabedes estamos investigando sobre o arco da vella. O que máis nos gusta é experimentar e plantexar hipóteses para ver qué ocorre e sacar as nosas
propias conclusións.
Desta vez empregamos os seguintes materiais:
Un pouco de xabón líquido.
Colorante alimentario.
Palliñas.
Toallitas.
O resultado foi moi divertido e ata máxico. Mirade o proceso e , por suposto, todo o que pomos en práctica.
