domingo, 5 de abril de 2020

PROPOSTA PARA O LUNS 6 DE ABRIL

DIARIO DE NAVEGACIÓN           DÍA 20


Como vos contamos onte hai algunhas cousiñas que nos quedaron sen preparar para a nosa viaxe e agora é  o momento. Agora xa sodes CAPITÁNS e pronto recibiredes o voso agasallo. 
Non vale so con chegar ata aquí. Un capitán ten que superar moitas probas e moi duras e vós... TÉDELO QUE FACER TAMÉN.
Fixestes o debuxo que vos pedimos? 
Agora collede o mapa que temos e marcade un puntiño nel para sabe onde está ese lugar ao que queredes chegar. Os que non o fixestes, tedes o mapa na entrada do venres 3 de abril
Xa vos contaremos para que nos vai servir esto?

Sabedes o que é unha rosa dos ventos?. Usáse para orientarse, como a brúxula. É unha estrela que aparece sempre nos mapas e axuda a marcar o rumbo. Un capitán que se precie non pode viaxar sen ela.
Daquela temos que facer unha...
Coleydeporte: MAPAS METEREOLOGICOS. EL TIEMPO ATMOSFERICO ...

...ROSA DOS VENTOS
Recortade e coloreade dúas estrelas coma  as que poñemos abaixo.
Cando as teñades pegade unha enriba da outra  como mirades no modelo. Pegade todo nun círculo, noutra folla.
Agora só temos que marcar o Norte-Sur-Este-Oeste coma na brúxula. Como sodes xa estupendos navegantes non ides ter ningún problema.




Cando a teñades colocade a vosa rosa nun punto calquera do mapa e decídenos que  vedes ao Norte e que  ao Sur.

Esta foi a primeira proba,...virán máis!.


Agora,   XOGOS NO PEIRAO  E NA CUBERTA

DUNHA TORRE...  A OUTRA  TORRE
Collede unhas pinzas e unhas tiras de cartón. As tiras debedes cortalas iguais e podédelas pintar como queirades. Cando teñades todo intentade facer esta torre. As pinzas suxeitan algunhas das tiras. Outras tiras van por riba para facer de soporte.  Bueno, esta é para expertos; vós podedes facela máis sinxeliña.



CARREIRA DE BOLAS

Collede papeis ou un xornal e facede bolas de ditintos tamaños. Preparade unha pista na que poder facer a vosa carreira, no chan ou nunha mesa, e marcade unha meta. Os xogadores deberán facer avanzar as boliñas soplando. Gaña o que chegue antes a meta ou o que chegue de primeiro máis veces. Podedes axudarvos dunha palliña.





Para rematar imos aprender os nomes dos dedos da man, ademáis de facer algo moi necesario nestes tempos.
LAVANDO AS MANS CON MIGALLAS

Ningún comentario:

Publicar un comentario