DIARIO
DE NAVEGACIÓN DÍA 17
Chegamos
ao derradeiro personaxe da tripulación, o máis importante, o que goberna o
barco. Daquela os retos teñen que ser un pouquiño máis difíciles, pero cada ún
que os faga como poida.
Reto
1/
O
primeiro é facer unha brúxula. Sen ela non nos podemos aventurar na mar.
Podiamos poñervos un debuxo para colorear, pero o que ides ter que facer é seguir estas instruccións porque un capitán ten que saber sair do paso.
AQUI volas deixamos e poñédevos...mans á brúxula.
Bueno e supoñemos que saberedes que é iso do norte e do sur.!
Reto 2
/ Un bó capitan ten que coñecer os 7 mares e tódolos continentes do planeta. Eso é o que ides demostrar.
Imos darvos un mapa para que nos amodedes os lugares polos que ides navegar. Deixámosvos 2 mapas: un coas palabras para que poidades pegar encima as que recortedes (pódenvos axudar) e outro completamente mudo por se algún valente aspirante a capitán se atreve a poñelas el/ ela soiño, aínda que llas recorten. Podedes colorealo se queredes. Buscade as palabras iguais e preguntade como se chama cada continente.
Imos darvos un mapa para que nos amodedes os lugares polos que ides navegar. Deixámosvos 2 mapas: un coas palabras para que poidades pegar encima as que recortedes (pódenvos axudar) e outro completamente mudo por se algún valente aspirante a capitán se atreve a poñelas el/
Agora dúas cousiñas máis para vos entreter
O que
tedes que facer despois é debuxar algunha forma ou trazo nun papel ou cartolina e ir colocando por
riba esas cousiñas, as que teñades para poñer. Irán formando un camiño
divertido. Aquí tedes unhas ideas, pero podedes facer todo o que queirades.
O CAPITÁN DÍ
Este é un xogo de dar ordes e vos queredes ser capitáns. Así que a ordenar!.
Ides ser os xefes dun xogo no que todo o mundo ten que facer as cousas como vos as digades.
O capitán dí que... toquedes o nariz. E todo o mundo ten que tocalo.
O capitán dí que...movades as pernas. E todo o mundo ten que movelas.
Veña a ver se sodes quen de xogar e gobernar!
Ningún comentario:
Publicar un comentario