mércores, 17 de xuño de 2020

PROPOSTA XOVES 18 DE XUÑO

DIARIO DE NAVEGACIÓN           DÍA 90

Nestas illas do Pacífico tamén hai unhas praias estupendas. E xa que estamos aquí non imos deixar de xogar e desfrutar nelas. Xa case estamos de vacacións!



 XOGOS CON AUGA





RESCATE DE OBXECTOS
Precisamos unha bandexa. Metemos nela cousiñas pequenas de distintas formas e tamaños. Engadimos legumes, area, papeis... Cunha cordiña ou similar dámoslle varias voltas á bandexa para facer máis dificil coller os obxectos. Canta máis dificultade queiramos, máis voltas hai que darlle o cordón. O xogo consiste en “pescar” as cousiñas coa man ou cunhas pinzas sen mover a corda. Hai que facelo nos ocos que deixa o cordón.





XOGAMOS A SER MIMOS
Temos que conseguir, e non só coa cara senón con todo o corpo, que os demáis adiviñen o que estamos representando. 
Aquí tedes unhas cantas ideas para facer. Pensade os xestos que ides facer e veña a xogar!
 -que somos? robots, ananos, xigantes, modelos, médicos...?
-como nos sentimos? enfadados, medoñentos, contentos....? temos calor, frío, sono, fame?

-que facemos? subimos por unha escaleira, estamos tumbados na cama, sentados nunha cadeira? cociñamos, pescamos, pintamos,xogamos ao balóncesto, montamos a cabalo?...

ZUMBA

Ningún comentario:

Publicar un comentario