Uhhh! Mmm! Hai algo que me fai cóxegas na orella! Espero que non sexa nada moi perigoso! Nunha selva nunca se sabe! Xirade a cabeza con coidado e decídeme que cousa vai tras miña?
Ala, que bonita! Que cousa é?
Deixádeme mirar na miña guía! Cal é das dúas?
Sabedes por que se chama "lúa"? Porque é unha avelaíña nocturna. Tamén lle dín papaventos! É a máis grande do mundo!
RIMAS E BOLBORETA (tuvemos que cambiar esta actividade que xa estaba publicada)
Aquí tedes unha rima de Tamara Chubarosky. Como non podemos reproducir o vídeo que a acompañaba, deixámosvos só a letra, que podedes recitar e memorizar. E se alguén quere pode inventar uns xestos para acompañar.
Teje teje gusanito,
teje teje sin cesar,
teje ya tu capullito,
téjelo hasta terminar.
teje teje sin cesar,
teje ya tu capullito,
téjelo hasta terminar.
Luego encerradito
en tu capullito
te convertirás,
en bella mariposa
reina de las rosas,
que quiere a las flores
de muchos colores.
en tu capullito
te convertirás,
en bella mariposa
reina de las rosas,
que quiere a las flores
de muchos colores.
VERMES E BOLBORETAS. Unha manualidade farémola hoxe e outra mañá.
Precisamos dous tubos de papel hixiénico. Como xa dixemos outras veces, tamén poderíades vós enrolar un papel e pegalo en forma de tubo.
Primeiro cortades un dos tubos en 4 partes
iguais, cada parte será unha das ás. Decorádeas como máis vos guste.
Despois cortades dúas partes do outro tubo. Unha
do mesmo grosor das ás (que será o corpo) e outra máis finiña, que nos servirá para as antenas.
A parte do corpo podedes pintala e aplastala para darlle forma.
A parte das antenas cortádela á metade. Xa tedes dúas tiriñas que podedes colorear. enrollade un pouquiño as puntas. Agora queda
pegalo todo.
Se queredes, tamén podedes facer outra e aproveitar a mollala en pintura por debaixo, estampando bolboretas de cores. Mañá, faremos o vermiño e non perdades nada que todo nos vai servir para outro proxecto que enseguidiña vos explicaremos.
SIMETRÍAS "NATURAIS"
Hai tempo compuxemos mandalas naturais. Hoxe toca face-lo mesmo coas simetrías. Collede unhas tiras de cartón ou doblade papel para que faga de separador e colocádea nunha superficie. Recollede distintos elementos na casa (pezas de construción, cubertos, xoguetiños, pauciños, palliñas, tapas,...) e no exterior (follas, flores, pedras...) para facer unha composición. Na banda da esquerda colocade todo como queirades. Despois teredes que copiar exactamente a vosa composición na banda dereita. Veñá vai ser divertido!
UN ANIMAL NA MIÑA CASAAAAA!!
Temos xa moitos animais na nosa memoria nesta longa viaxe. Moitos vímolos nos documentais e fotos e outros moitos témolos feito manualidade ou xoguete, pero... Gustaríavos ver un animal dentro da vosa casa? Pois veña, animádevos!
Podemos facelo empregando a tecnoloxía
3D. Só precisades que papá ou mamá se animen e un móbil ou tableta con
acceso ao internet. Listos?
Temos que entrar no buscador
“Google” e poñer o nome do animal que
queremos ver coa nosa familia (en castelán: león, tigre, leopardo, tiburón,
pingüino emperador, aligator, lobo, serpiente, águila, oso, tortuga, oso panda,
aligator, pulpo, erizo, pato, cabra, gato, caballo, poni, perro).
Despois de escribir, dádeslle a buscar; ao desprazarvos cara abaixo poderedes ver a descrición
do animal, e despois desta hai unha opción que é “ver la imagen en 3D”. Se pulsamos, abrirase a
cámara do dispositivo e.... TACHÁN!!! Xa podemos ver o animal na nosa casa.Podedes facer unha foto con el e mandárnola a ver que animal escollestes!.
Se queredes, podedes debuxar o
animal que escollestes e os que xa poidan... escribir o seu nome, explicar algo
sobre o animal; onde vive, que come...? Se alguén quere explicalo en audio ou vídeo, adiante!
PING PONG CASEIRO
Imos movernos un pouco. Procurade unha superficie, coma unha mesa, e colocade no medio uns vasiños de plástico ou papel ou outra cousiña que faga de separador. Collede uns platos de cartón e unha pelotiña (ou outras cousas que fagan as veces de raquetas) e veña, a xogar o ping pong!. Ide a modiño e non rompades nada!
Imos movernos un pouco. Procurade unha superficie, coma unha mesa, e colocade no medio uns vasiños de plástico ou papel ou outra cousiña que faga de separador. Collede uns platos de cartón e unha pelotiña (ou outras cousas que fagan as veces de raquetas) e veña, a xogar o ping pong!. Ide a modiño e non rompades nada!
Ningún comentario:
Publicar un comentario