Mirade o que trouxen do meu paseo. Nesta illa teñen unha arboriña que lle chaman craveiro e de aí sacan o cravo da comida. No barco de Elcano mirei moitas bolsas cheas disto.! Por que credes que terá este nome tan raro? Se vos sobrou masa de onte, podedes engadir os cravos á colección de especias!
MATES: ONDE ESTAS, NÚMERO?
Rescatamos o noso "escolledor de cartas" para facer outro xogo do mates cunha caixa de ovos , unha cubiteira ou outra cousiña que argalledes. Precisades algo que teña varios ocos para meter o número (como a caixa de ovos) e un xogo de números de plástico do 1 ao 6; ou de papel feitos por vós. Tamén poderiades xogar só con tarxetiñas de números.
O xogo consiste en ir colocando na caixa de ovos os números que vos saian, no seu lugar, de xeito que queden ordenados. Podedes facer só unha serie de números ou varias cambiando as cores dos números
HISTORIAS CON SOMBRAS
Queredes soñar-viaxar espertos? Imos xogar coas sombras!
Collede un tubo de papel hixiénico (ou varios).
O primeiro é elexir as figuras que queredes proxectar: un animal, un avión, un coche, un corazón, unha figura….e debuxalas nun cartón ou cartolina. Cortades un anaco de plástico film e con el cubrides un dos lados do tubo. Suxeitádeo con cinta adhesiva ou gomas. Pegade o voso debuxo no plástico.
Introducides a lanterna polo outro lado e
acendédela. Podedes proxectar a imaxe sobre unha parede ou tea branca. Se
facedes dúas ou máis á vez podedes xogar coas imaxes e mesmo inventar a vosa historia.
XOGOS CON ESPONXAS E AUGA
MOVERSE E SALTAR
Ningún comentario:
Publicar un comentario