domingo, 7 de xuño de 2020

PROPOSTA PARA O LUNS 8 DE XUÑO

DIARIO DE NAVEGACIÓN          DÍA 80

Marchamos de Madagascar. Deixamos esta interesante illa e imos adentrarnos máis no Océano ïndico. Coido que as illas  que estabamos buscando, cando deixamos a  Magallanes e Elcano en Guam e Filipinas, están xa moi preto de aquí. Aínda que non vexo o nome no mapa. A ver que atopamos nesta nova etapa! 



Mentres volvemos desfrutar da navegación no mar, imos aprender a ser naturalistas. Elcano e Magallanes ían na busca de especias. Para nós vai ser moi importante aprender a recoñecelas, se queremos axudarlles.


APRENDENDO A SER NATURALISTAS
Un naturalista coñece os nomes de tódalas árbores e flores do mundo. Nós non podemos ser menos, pero imos comezar polo que temos máis a man. 
Cando saiades a pasear tedes unha nova misión:  Darlle nome a todo o que vexades. Se xa sabedes o nome da árbore, flor, ou herba... fenomenal!  Se non é así , hai que averigualo!.
Non tedes que facer todo hoxe. Este traballo é para toda a semana. Podedes apuntar unha planta cada día!. 
No voso caderno de naturalistas (aí tedes unha plantilla que podedes copiar) ides facer un debuxo da especie escollida. Se é posible, podedes recollela e traela para casa; pero recordade que hai  sitios onde non se poden arrancar as plantas.
Podedes intentar coñecer o seu nome preguntando á vosa familia ou podedes enviarnos unha foto e nós vos axudaremos. Cando o saibades, terédelo que apuntar no caderno.Tamén, algunha cousiña máis se queredes. 
Coa vosa lupa de exploradores mirade todo ben e ao longo da semana aprendede o nome de tódalas plantas que atopedes  no voso camiño (no parque, no monte, no camiño á praia....)




AUTORRETRATO
Tamén é importante coñecernos a nós mesmos. Podedes coller unha folla e dividila á metade. Nunha parte colocade unha foto vosa ou un espello. Na outra parte, debuxádevos como sodes. Podedes usar lapis, pintura, témperas...o que queirades. Poñede todo o que vedes na foto.! 




RETOS AO AIRE LIBRE
É tempo de pasear, correr e andar en bici. Pero hoxe cunha novidade que vos pode gustar moito. Se queredes, os vosos pais pódenvos descargar algunha aplicación de balde para o móbil que vos permita medir as distancias que facedes ou incluso visualizar o voso percorrido nun mapa. 


MÚSICA  E MOVEMENTO





CONTO: NICOMEDES O PELADO

<

Ningún comentario:

Publicar un comentario