Madagascar é unha illa moi especial polo que estamos vendo. Os animaliños que aquí atopamos non se miran noutras partes do planeta. Estamos no Océano Indico en frente de África. Os lémures son únicos; hai 6 especies de baobab distintas e aquí viven o camaleón máis pequeno e o máis grande do mundo.
Que bonitos son os camaleóns!. Hai moitas especies
diferentes! Sabedes por qué cambian a súa cor. Shhh! Calade, velaí ven un! Tede paciencia e observade atentamente!
ATOPA O NÚMERO
Para facer esta actividade precisamos
axuda dun maior, para que nos faga os números do 1 ao 6 en distintas cores nun
folio. Os que saibades podedes facelo vós.
As cores son: amarela, verde, vermella,
azul. Quedaría algo así:
Unha vez que xa temos a plantilla lista,
entramos no xogo de cartas. Teremos que ir rodeando na plantilla os números que nos vaian saíndo. Fixádevos ben no número e tamén na cor. Ánimo!
Se non queredes usar o xogo de cartas, tamén o podemos facer oralmente. Un compañeiro de xogo vainos dicindo o número que temos que atopar e a cor.
Se non queredes usar o xogo de cartas, tamén o podemos facer oralmente. Un compañeiro de xogo vainos dicindo o número que temos que atopar e a cor.
PINTURA E FIGURAS XEOMÉTRICAS
Primeiro tedes que buscar elementos que
teñan forma xeométrica e que non sexan máis grandes ca folla que collades ( tapas,
botóns, tapóns,cartas…)
Ides colocando os elementos na folla e
repasando a súa silueta. Podedes colocalos como prefirades e incluso
superpoñelos.
Despois, coloreade cada elemento dunha cor e repasade as formas cun rotu negro.
IOGA: A POSTURA DA COBRA
Despóis dun día tan axitado, podédevos
relaxar cunha sesión de ioga, imitando a unha serpe. Aquí déixovo-lo
video. Facédeo cos vosos pais. É máis divertido.
E PARA REMATAR UN CONTO: O CAMALEÓN CAMALEÓNICO
Ningún comentario:
Publicar un comentario