AS ILLAS DAS ESPECIAS
Por fin, despois dun longo percorrido chegamos ás illas das especias. A nosa misión remata aquí e estes días só nos queda entreternos e desfrutar, igual que no verán que temos á unha carreiriña de can.
Como vedes, atopamos a Elcano! Está aquí, cargando o seu barco coas especias que todos están esperando. A Nao Victoria está chea de CANELA... (Umm que ricas van estar as nosas sobremesas! ) ...E NOZ MOSCADA...! (A que lla poderemos botar?) E vexo moitas especias máis!
Podedes adiviñar cal e cada unha? Poñémosvos unhas pistas con algún dos vosos nomes!
A que está na esquerda empeza como CA...RMEN! e como CA..RLA
A da dereita empeza como NO...A, e como NO...ELIA
QUEREDES FACER ESTAS ESPECIAS?
Collede plastilina ou entrédevos facendo esta masa. As instrucións están aquí.
Cando a teñades podedes probar a facer estas bolas de noz moscada ou os paus de canela. Amasade, dádelle forma e pintade.
Aquí tedes outras fotos da noz moscada!
PILLA-PILLA
O pilla-pilla é un dos xogos para nenos ó aire libre por excelencia. Un neno conta hasta dez dende unha base. Despois, persegue ós demais mentres estes fosen. O neno que logra tocar a base durante a persecución queda salvado, aquel que é tocado é eliminado.
ZUMBA: LUIS FONSI
CONTO: O CROCODILO AO QUE NON LLE GUSTABA O AUGA
Ningún comentario:
Publicar un comentario