xoves, 11 de xuño de 2020

PROPOSTA PARA O XOVES 11 DE XUÑO

DIARIO DE NAVEGACIÓN         DÍA  83

En Borneo atopamos esta flor tan curiosa. Ollade a ficha que puxen no meu caderno de naturalista!





Mide 1 metro! Pero canto é un metro? Investigádeo coa cinta métrica que teñades na casa e buscade cousas que midan eso. Se non atopades ningunha, mirade a ver canto ocupa un metro nas cousas grandes...a mesa, a porta, a alfombra, ...!



DEBUXOS COAS FIGURAS XEOMÉTRICAS
Cortade varias formas  (círculos,cadrados, triángulos, rectángulos de  distintas cores e tamaños). Tamén podedes facer esto se tedes un xogo de formas de plástico ou madeira. Cando teñades todo preparado, podedes crear debuxos coma estes...! A ver que argallades vós!
Tamén podedes facer unha plantilla como a da foto e contar  e apuntar cantas formas de cada tipo que empreguedes no debuxo.






MINDFULNES
Agora,  buscade un lugar tranquilo na casa e relaxádevos escoitando a música






INSTRUMENTOS DE VENTO E MADEIRA

Ningún comentario:

Publicar un comentario