xoves, 4 de xuño de 2020

PROPOSTA PARA O VENRES 5 DE XUÑO

DIARIO DE NAVEGACIÓN   DÍA 77

XOGANDO CO ESCENARIO DE MADAGASCAR

Como xa temos os animaliños feitos, só queda facer o escenario. Tamara Chubarosky amósanos nestas fotos como facer un teatriño moi sinxelo. Colledes unha cartolina ou cartón finiño. Podédelo facer doble como na foto, pegando unha folla por detrás ou collendo unha cartolina grande e doblándoa. 




Debuxade e pintádea como se fose a selva de Madagascar. Moito sol, moitos baobabs... 



Facédeslle un corte polo medio para poder meter os títeres de pau. A bolboreta podedes deixala pegada fixa ou movela tamén co pau.
Agora metede tódalas personaxes que teñades e... a xogar! 

Pero...haberá algún atrevido que invente unha historia con eles e nola conte? Veña, animádevos! Sabemos que estades un pouquiño cansos, pero inventar sempre é divertido. Imos axudarvos!. 
Respondede a estas preguntas e xa teredes unha historia: Quen é o protagonista? Que día vai? Onde está? Que lle pasou? Quen o vai axudar?  Que pasa ao final?.  
Se non queredes contarnos a historia coa boca, podedes enviarnos uns debuxos ou varias fotos coas escenas e os títeres ordenadas e xa nos encargamos nos de adiviñar! Será unha historia muda! 


LETRAS NA DESPENSA


Imos xogar  coas letras dos nomes. O reto consiste en atopar na despensa e/ou no frigorífico cousas que comecen por cada unha das letras do voso nome. Sería fantástico atopar un alimento para cada letra, pero o mellor non o conseguimos. Podedes intentar  con outros membros da familia. A ver cantos nomes podedes completar!
Primeiro debuxade cada letra nun anaco de papel, colocádeas nunha mesa ou similar e  ide a investigar. Poñede cada alimento que vos serva a carón da letra correspondente. Para completar un nome ordenade os alimentos coa mesma orde que teñen as letras no nome. Se vos falta algún, poñede no oco a letra que fixestes.

Deixámosvos o nome dunha profe que coñecedes moi ben. A ver se sodes quen de adiviñar quen é.






BAILE: DURO Y SUAVE






OS QUEBRACABEZAS DA VIAXE

Ningún comentario:

Publicar un comentario