Unha das nosas capitás está hoxe de aniversario. Cumple 5 ANOS.
Sabedes quen é? Moitas veces ensinounos o ben que traballa e o moito que se divirte, aínda que agora hai uns días que non a miramos!
Seguro que leva moito tempo agardando este día e, hoxe 12 de Xuño, por fin chegou!
Gustaríanos un mundo estarmos todos xuntos no cole e poder celebralo canda ti . Cando volvamos ao cole faremos unha superfesta e xa poderemos darte unha chea de bicos e moitas apertas!
Hoxe todos queremos desexarte un feliz aniversario e que desfrutes moito, moito no teu día.
Un bico enorme de tódolos teus companeiros e compañeiras e un moito máis grande de Pilar.
Escoitas? É a canción de cumpleanos que dende casa todos estamos a cantar!
Felicidades!
Ningún comentario:
Publicar un comentario