Ollade por onde navegamos. Premede en cada páxina que aparece abaixo para avanzar na presentación.
DE MADACASCAR A BORNEO
Borneo é o fogar dos orangutáns, que están en perigo de extinción pola deforestación da súa selva. A eles encántalles a froita. Comen moitas froitas exóticas do seu pais e ademáis outras máis coñecidas para nós. A ver se sodes quen de averiguar que froita compartimos con eles?
Coa froita conseguen moitas vitaminas e moita auga!
Que selva tan bonita! Non esquezades o CADERNO DE NATURALISTA. (continuación do de onte)
Seguide procurando nomes de árbores, frores ou herbas. Podedes preguntarnos os nomes que non saibades e enviarnos fotos das que coñecedes, tamén. Queremos sabelo todo!
EXPERIMENTO COA FROITA
Hai tempo fixemos un experimento coas cousas que flotan e as que non o fan. Daquela fixéstelo moi ben. Hoxe imos concentrarnos nas froitas.
O primeiro é coller varias froitas que teñades
na casa e facerse preguntas con elas.
Flotará unha laranxa? e unha mazá? Apuntade o
que vós credes e despois...
Collede un recipiente con auga e ide metendo
unha por unha as froitas. No papel deberedes apuntar o que sucede e comprobar
se acertastes ou non. Tamén podedes, como fixemos a outra vez, colocar nun plato
as que floten e noutro plato as que non o fan.
O seguinte é facer hipóteses... Por que unhas
flotan e outras non?. Observade como é cada unha e que teñen de diferente e ... a pensar!
Os que queirades podedes seguir
experimentando. Algunhas froitas deixan de flotar se lles quitas a pel .
Comprobádeo cunha laranxa, un limón ou unha tanxarina.
Cando rematedes non deixedes de comer froita.
Xa vistes que é moi importante!
XOGANDO COAS FORMAS DE NOVO
Xa vedes que aprender as formas tamén nos parece importante. A foto que vos deixamos non ofrece dúbida do que queremos que fagades.
Volvede navegar pola casa na procura de obxectos de formas, cores e tamaños diferentes. Despois fabricade un pequeno taboleiro co nome ou o debuxo da forma e poñedévos a clasificar. Os maiores podedes engadir tamén debuxos para a cor e o tamaño.
MÓVETE EN CASA
Se queredes, podedes xogar a este xogo na casa .Ten moitas
actividades e moi completas. Podédevos divertir en familia.
INSTRUMENTOS DE PERCUSIÓN
Ningún comentario:
Publicar un comentario