mércores, 3 de xuño de 2020

PROPOSTA PARA O XOVES 4 DE XUÑO

DIARIO DE NAVEGACIÓN   DÍA 76
Imos seguir xogando con estes bichiños de Madagascar. Observádeos ben! Vedes algo especial?





Síii, acertastes! Teñen unhas colas moi longas. Nesta illa todo é moi grande. Os baobabs chegan ó ceo e hai...  un escarabello xirafa!  Ten un pescozo moi longo, aínda que é pequechiño...




XOGANDO A MEDIR
As propostas de hoxe van de medidas e pegadas. Podedes facer varias cousas.

1.Buscade un zapato de cada membro da familia. Comparádeos e ordenádeos de maior a menor (comezando polo mais grande) e de menor a maior (comezando polo máis pequeno). 

2. Con pintura, deixade a pegada de cada zapato nun papel. Se non tedes pintura, podedes debuxar o contorno. Ágora collede de novo os zapatos, mirade a talla de cada un e escribídea dentro de cada pegada. Podedes ordenar de novo, pero desta vez fixándovos nos números.

3. Escollede un elemento da casa (a mesa, a cama, o sofá, a porta, ….) Imos medilo empregando as pegadas do papel. Recortádeas e xa podedes usalas para medir. Cantas pegadas vosas necesitades para o elemento escollido?Ide contando. Apuntade e pensade! Con que pegada precisamos máis? Con cal menos? 

4. Outra posibilidade: elexide un compañeiro de xogo que teña o pé máis grande ou máis pequeno ca o voso. Medide cos pes tódalas cousas que queirades (pondo un primeiro e outro diante e cambiando) e ide apuntando cantos pes de cadaquen precisades para cada cousa. Pensade por que hai esas diferencias. 



FACENDO TITERES DE PAU


Imos construir un escenario para dar vida ós nosos amigos de Madagascar. Mañá contarémosvos como. Hoxe imos facer os personaxes. Os que xa tedes feito o lémure, a bolboreta e o camaleón podedes aproveitalos. Podemos poñerlle un pauciño por detrás ou unha tiriña de cartón grosa que nos permita movelos. A bolboreta tamén se podería pegar no escenario, pero eso mañá. 
Os que non tedes nada feito ou queredes repetir, copiade e pintade estes debuxos, pegádelle un cartonciño e un pauciño e xa teredes os títeres.
Fáltanos o VERMIÑO que onte deixamos sen facer. Collede un cacho de papel hixiénico ou normal, botádelle pegamento solo á metade e enrollade o papel facendo un tubiño. Deixádeo secar e decorádeo como queirades. Non esquezades poñerlle olliños e boca. Se traedes unha folla do paseo, podédelo colocar enriba dela.


 




GRAFO: QUE TAL A SENSIBILIDADE DO TEU LOMBO?
Para esta actividade precisamos dous xogadores, música, materiais para pintar; rotuladores, ceras, témperas... e moita, moita concentración!


Poñede música relaxante e baixiña. Trátase de que a nosa parella nos realice uns trazos ou formas no lombo á vez que nós imos debuxando eses trazos que sentimos no papel; con pincel, co dedo, cos rotuladores... A xogar!



CONTO: ORELLAS DE BOLBORETA


Ningún comentario:

Publicar un comentario