martes, 9 de xuño de 2020

PROPOSTA PARA O MÉRCORES 10 DE XUÑO

DIARIO DE NAVEGACIÓN    DÍA 82

MOBY DICK
Esta semana celebramos o Día Mundial dos Océanos. Nós, levamos moito tempo navegando no mar e nalgunha ocasión miramos entre as ondas enormes sombras que nos asustaron e nos produciron curiosidade. No mar dos libros hai unha balea moi famosa (bueno de certo que hai máis) e moitos contacontos trouxéronnos a súa historia. A historia que escribiu Herman Neville.
Hoxe podemos coñecela nnn formato diferente e adaptada para nós ... o teatro. Esta é unha oportunidade para sentarnos en familia e adentrarnos no mundo desta balea de conto. Así que cando teñades un pouquiño de tempo...

TEATRO MOBY DICK

MANUALIDADE BALEA
Collemos unha tira de cartolina ou un papel longo. Doblámolo e colocámolo deixando un oco grande- Calculamos onde temos que pintar a boca e os ollos. Debuxamos e pintamos unha cola e deixámola aparte para pegar ao final


DEBUXO DA VIAXE
Estamos xa moi preto de rematar a nosa viaxe, aínda que temos algunhas cousiñas por ver. Gustaríanos que botasedes á vista cara atrás e matinedes en que lugar ou  que cousiña gustouvos máis nesta andaina. Ao mellor foi un destino imaxinario no que pensastes nas longas horas na cuberta. Tamén podedes debuxar iso. 
Matinade e debuxade, un estupendo e bonito debuxo que formará parte do noso CADERNO DE VIAXE compartido. 
Sodes moitos nos que nun momento ou noutro navegastes connosco dende esta xaneliña ou agachadiños na vosa casa (que sabemos que estabades aí!). Non deixedes agora de mandárnolo e participar neste derradeiro "caderno". Estades todos invitados!




XOGO PELOTA
Debuxade un círculo grande no chan e colocádevos encima.Un xogador queda no medio e lánzalle o balón a un que estea no círculo. Se lle cae o balón ó chan, este xogador pasa ó medio e o do medio pasa a estar ó redor co resto dos xogadores.




DESTREZA MOTRIZ
Facede con papeis de cores uns cucuruchos para os dedos das dúas mans. Nunha caixa metede canicas, bolas, pompóns ou colas de papel. O xogo consiste en "pescar" as bolas cos dedos-cucuruchos e metelas nun prato.Gaña o que colla máis bolas. Probade, non semella nada doado!





SONIDOS LONGOS E CURTOS

Ningún comentario:

Publicar un comentario