domingo, 14 de xuño de 2020

PROPOSTA PARA O LUNS 15 DE XUÑO

DIARIO DE NAVEGACIÓN           DÍA  87

No noso paseo por estas illas mirade que fermosas vistas tomamos dende o barco. Que bonita paisaxe!



E...Que flor é esta? Semella que a teño mirado aquí tamén en Vigo. Deixádeme consultar o caderno naturalista!... É un nenúfar! A flor que se mira nas augas dos estanques! 
No paseo desta semana é  obrigado que miredes a ver se nalgún parque ou zona pola que pasades existe esta flor. Xa vedes que procede de Malasia!


NENÚFAR DE PAPEL
Queredes facer un nenúfar para a vosa colección. Seguide estas instrucccións.Se non vos apetece podedes intentar debuxala e pintala.






Xa temos a nosa flor. Podedes traer unha folla grande do paseo e colocala debaixo.

MATES: XOGO CON TAPÓNS
Collede tapóns ou círculos de cores amarela, vermella, azul e verde e dispoñédeos enriba dunha folla ou taboleiro como se mira na imaxe. Collede tamén boliñas, legumes ou pedriñas distintas para cada xogador. Para rematar tedes que preparar tamén un dado con puntiños nos que fagades tódalas parellas de cores posibles ou tarxetiñas para sacar dunha bolsa. Esas que deixamos aí son as parellas que precisades. En cadansúa quenda cada xogador ten que tirar o dado (ou sacar tarxetas) e poñer as súas boliñas en dúas tapas que teñan as cores da parella que  tocou. Teñen que estar unha á beira da outra. Gaña o  que consiga poñer máis boliñas.





EXPERIMENTO DO OVO

Non queremos rematar a viaxe sen proporvos un novo experimento científico "O ovo Saltarín". A ver se o desfrutades! Mirade AQUÍ  atentamente as instrucións.



MÚSICA E MOVEMENTO

Ningún comentario:

Publicar un comentario